As persoas interesadas poderán inscribirse na piscina municipal de Ortigueira ou chamando ao 981 42 20 26, en horario de 10:00 a 12:00 h.
Ortigueira, 10 de xuño de 2025. O Concello de Ortigueira, a través do departamento de Deportes, pon en marcha uns cursos de iniciación ao surf para mozos na praia de San Antonio, en Espasante.
Así, ofértanse un total de 36 prazas para os menores de idade (10 a 17 anos) e dividirase en dúas quendas: do 30 de xuño ao 4 de xullo (18 prazas) e do 7 ao 11 de xullo (18 prazas). Os horarios aínda están pendentes de determinar e o prezo por inscrición é de 12,60 euros.
Os cursos serán impartidos por profesorado titulado e a empresa que o realiza facilita traxes de neopreno e táboas de surf a todo o alumnado.
Para esta actividade teñen preferencia os menores empadroados no municipio e será imprescindible que saiban nadar. (Pódense realizar probas de natación previas ao curso e poderá non admitirse a alumnos que non naden adecuadamente).
As persoas interesadas poderán inscribirse na piscina municipal de Ortigueira ou chamando ao 981 42 20 26, en horario de 10:00 a 12:00 h.
As inscricións pecharanse dous días antes do comezo dos cursos. En caso de ter máis solicitudes que prazas dispoñibles, realizarase un sorteo das mesmas e notificarase ás persoas interesadas. As prazas non se atribúen por orde de inscrición senón polo azar do sorteo.
O alcalde, Valentín Calvín, anima aos mozos a “apuntarse a esta iniciativa que fomenta el ejercicio al aire libre, el respeto y conocimiento del medio acuático, y materializa la apuesta del gobierno local por el deporte y sus valores”.