Estará aberto ata o luns 4 de agosto a través dun formulario web
Cariño, 7 de xullo, 2025. O Concello de Cariño abre as inscricións para participar na XV Carreira Popular Concello de Cariño, unha cita xa consolidada no calendario deportivo comarcal que terá lugar o domingo 10 de agosto. A proba, organizada polo Concello de Cariño, conta coa colaboración de Eroski City de Cariño, Arthros Fisioterapia e da Deputación da Coruña.
As inscricións son gratuítas e permanecerán abertas ata o luns 4 de agosto. Poderán formalizarse a través da web cronotec.es, onde tamén se pode consultar o regulamento, as distancias por categoría e o cartel oficial da proba. Non se admitirán inscricións fóra de prazo nin o mesmo día da carreira.
A saída e a chegada terán lugar no Paseo Marítimo, á altura da Casa do Concello, ofrecendo un percorrido accesible e con vistas excepcionais. O programa arrincará coa saída das categorías senior e veteranos ás 10:00 horas, e a partir das 11:00 horas será a quenda das categorías infantís e menores de idade.
Os dorsais poderán retirarse o venres 8 de agosto, de 12:00 a 13:30 horas no Servizo de Deportes da Casa do Concello, ou o día da carreira, de 9:20 a 9:50 horas, no vestíbulo do propio Concello.
Desde a organización, solicítase a colaboración da cidadanía evitando o tránsito polo Paseo Marítimo durante a celebración da proba, co fin de facilitar o correcto desenvolvemento da mesma.
Ademais, as persoas interesadas en colaborar como voluntarias na organización poden enviar un correo electrónico a davidfernandez@concellodecarino.gal, indicando nome, apelidos e teléfono de contacto. Contactaráselles durante a primeira semana de agosto para coordinar as tarefas asignadas.
A concelleira de Deportes, Laura García, explicou que “la Carreira Popular de Cariño es ya una cita clásica del verano y un reflejo del compromiso de este Concello con el deporte y la vida activa. En esta XV edición volvemos a apostar por una prueba pensada para todas las edades, con un recorrido inmejorable a lo largo de nuestro Paseo Marítimo”.