O lume non causou danos persoais
Viveiro, 3 de xullo de 2025. O Concello de Viveiro informa de que na xornada de hoxe rexistrouse un incidente nun transformador da subestación de Boimente. A incidencia foi xestionada desde o primeiro momento polos equipos de Red Eléctrica, que activaron o protocolo de emerxencia correspondente.
O suceso non afectou ao subministro eléctrico á cidadanía e non se rexistraron danos persoais. Os equipos técnicos continúan a traballar en colaboración co dispositivo de Bombeiros, logo de asegurar a zona e illar o transformador afectado.
Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro, sinalou que «se activaron todas as medidas de seguridade previstas e agradecemos a rápida intervención dos servizos implicados, que permitiron controlar a situación sen consecuencias para a veciñanza».