Viveiro, 22 de setembro de 2025. O PSdeG-PSOE de Viveiro agradecer e felicita a Prato_Do e ao seu responsable, o viveirense Lucas Requejo, pola organización das xornadas “Gastronomía con ADN”, celebradas hoxe en Viveiro. Un encontro que puxo en valor a nosa cociña, servindo como escaparate do talento local e como plataforma de promoción da marca gastronómica de Viveiro.
Estas xornadas enmárcanse no proxecto “Spain Culinary Villages”, no que Viveiro participa “grazas á aposta realizada polo anterior goberno municipal presidido por María Loureiro”.
“Foi nese mandato cando se presentou a candidatura de Viveiro para ser incluída neste programa, xunto con outras catro vilas de España, os municipios que forman parte de la rede, son Ezcaray (La Rioja), Alcalá del Valle (Andalucía), Moratalla (Murcia) e Parrés (Asturias), conseguindo a correspondente subvención do Ministerio de Industria e Turismo, destinada a promocionar a gastronomía como elemento diferenciador do turismo”.
“Dentro deste marco, o anterior goberno apostou por contar con profesionais da nosa cidade, como Lucas Requejo, que desde o primeiro momento se mostrou colaborativo e deseñou, xunto con outros profesionais propostas coma a de hoxe, visibilizando restaurantes de referencia e produtos locais, reforzando así a imaxe de Viveiro como destino gastronómico de calidade. Todo isto acompañado dun audiovisual de gran nivel e fermosas reportaxes gráficas elaboradas con gran sensibilidade por Horacio Albo”.
“Desde o PSdeG-PSOE de Viveiro subliñamos que a promoción turística e gastronómica foi e seguirá sendo unha prioridade, porque apostar pola nosa cociña, polos nosos produtos e polos nosos profesionais é apostar polo futuro económico e turístico da nosa cidade.
Queremos reiterar o noso agradecemento a Prato_Do e a Lucas Requeijo por seguir facendo medrar un proxecto que naceu no anterior mandato e que debe consolidarse como unha ferramenta clave para a proxección de Viveiro no ámbito nacional”.