Foz, 15 de outubro, 2025. Forus-Foz (Foro Rural-Urbano e Social) volve a carga co que defendeu hai anos cando advertía que non era descabellado ir pensando como se ordeaba o ciclo da auga na Mariña. “Daquela deciamos que tiñamos grandes ríos nesta Comarca como o Masma, o Ouro ou o Landro, e que como consecuencia do seu caudal tan importante se podía chegar a construir onde se decidira un gran encoro de auga que servira á comarca da Mariña na súa integridade e ben organizada”. “Aquelo caeu en saco roto polos localismos, non se pensou que unha auga mancomunada sería de moita máis calidade que a existente, debido a que estaría mellor tratada e máis vixiada, ademais o seu prezo estaría mais asequible que o que pagan os veciños hoxe en día”. “Non precisaríamos de 10 empresas para ter a concesión da auga, cunha chegaria, aínda que se xuntaran algunhas entre si”.
“Naquela misma nota insistíamos que tampouco se precisarían tantos servizos municipais de recollida de lixo, plásticos, enseres, vidros…, todo esto debería estar mancomunado, e seguramente cuno prezo final máis contido”.
“O baile xa comezou pola dereita deste país, si se baixan os impostos no IRPF aos que máis teñen, como se está a denunciar, alguén terá que pagar os servizo. Como se fai isto?”:
“Recaudo tanto de Ibi, lixo, licenzas de obra, etc, que suma tanto de Ingresos totais. Miro os gastos que teño no Concello e se non dan subo os servicios municipais pa cadrar. Isto non nos vale ao que mais ten e o que máis ten que pagar, para eso o ten, se non terá que vendelo, unha casa cunha persoa só dentro vivindo non debía pagar o mesmo de lixo que unha con 6, debido que ao longo do ano non consume o mesmo, si de unha persoa pasa a tres terá o deber de empadroarse para soportar esa carga”.
“Queirase ou non este é un debate que haberá que abordar, a xustiza social é moi importante e debemos buscar normas e solucións que sexan acaídas”.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



