Celebrouse na Casa do Mar, organizado polo Concello e o Club de Xadrez San Roque. Houbo unha excelente participación, con 23 xogadores e xogadoras repartidos entre todas as categorías. Os gañadores foron: Sub 8: Gael Varela. Sub 10: Javier Fernández. Sub 12: Xulio Pernas. Sub 14: Junliang Wu. Sub 18: David Güeto. Absoluta: Alejandro Alloza. Na entrega de premios participou o concelleiro Alfredo Fernández, que felicitou aos xogadores polo seu gran nivel e animounos a seguir practicando este deporte.
