O grupo nacionalista presentará no Parlamento e nos concellos iniciativas para garantir o acceso a este servizo a pacientes que o precisen
Riotorto, 1 de outubro de 2025. O BNG reclamará no Parlamento que a Xunta de Galicia extenda a Riotorto e á Pontenova a cobertura do Servizo de Hospitalización a Domicilio (HADO).
O deputado parlamentar Daniel Castro e representantes do grupos municipais presentaron este mércores a iniciativa, que busca garantir o acceso a este servizo ás veciñas e veciños destes concellos que o precisen.
Trátase, segundo se explica na proposta, dun servizo que permite achegar coidados hospitalarios ao domicilio dos pacientes e que se contempla, entre outros casos e sempre baixo indicación médica, para persoas con enfermidades crónicas complexas, anciás ou pacientes de oncoloxía.
A Xunta de Galicia presentou en 2019 un Plan Galego de Hospitalización a Domicilio, co compromiso de proporcionar a toda a poboación de Galicia un acceso equitativo a este servizo, pero seis anos despois, os concellos de Riotorto e A Pontenova seguen sen ter esa cobertura por parte do HULA, o seu hospital de referencia.
O deputado Daniel Castro explicou que “se trata dunha situación que discrimina ás persoas polo lugar de residencia, algo inaceptable cando falamos de servizos públicos básicos como a sanidade”.
A voceira do BNG en Riotorto, Vanesa Gómez, indicou que a moción se presentará este venres no pleno municipal “para poñer enriba da mesa unha demanda que lle corresponde atender á Xunta de Galicia, pero que debería contar tamén co respaldo do goberno municipal que ten a obriga de traballar activamente por servizos públicos de calidade para a veciñanza”.
“Non se entende que sexan os concellos máis alonxados do Hospital os últimos da cola na implantación desta atención no domicilio ”, destacou a voceira nacionalista que lembrou que “a falta deste servizo supón unha carga adicional para o centro de saúde onde a Xunta xa suprimiu unha das prazas de médico”.
O BNG da Pontenova levou a iniciativa a pasada semana ao Pleno municipal, que respaldou a proposta.



























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



