Sendo alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, unha cuestión preocupaba ao Grupo Municipal do Partido Popular: o estado da rampa de sillares de pedra anexa á Ponte da Misericordia.
O día 10 de xaneiro de 2024, a entón concelleira María Gueimunde realizaba a seguinte declaración á prensa:
“A rampa constitúe un perigo para os rapaces e escolares que pasan diariamente polas súas inmediacións para acudir aos centros de ensino.” Para alén diso, no pleno municipal, celebrado ese mesmo días, formulou ao equipo de goberno as seguintes preguntas:
1. ¿Cal é a situación en tempo real do expediente?
2. ¿Cales foron as conclusións da reunión a tres bandas que tiña como fin determinar as competencias para o seu arranxo?
3. ¿Contempla o Concello algunha actuación para reparar a rampa?, ¿En que momento?
Foi o concelleiro Jesús Fernández Fernández, en representación do goberno de coalición PSOE-BNG, quen deu cumprida resposta a cada unha das cuestións.
Agora, dende a moción de censura do 7 de marzo de 2025, María Gueimunde é a nova alcaldesa de Viveiro. Durante os meses de xullo e agosto, numerosos veciños teñen transitado pola zona en cuestión. A día de hoxe, co comezo do novo curso escolar, son as alumnas e alumnos dos centro escolares, Luis Tobío, Vilar Ponte e María Sarmiento os que empregan a cotío. Como é facilmente constatable, o perigo persiste, agravándose ademáis, cada día de pasa as condicións da rampa. ¡Urxe, polo tanto, o seu arranxo inmediato!.
Señora alcaldesa, o día sete de febreiro de 2025 intenteuse deitar luz sobre este asunto cun artigo no Heraldo de Vivero baixo o título “Portos de Galicia elude a súa responsabilidade (II)”. No artigo arguméntase polo piudo, e através de datos recollidos no propio Concello, que a titularidade da zona corresponde a Portos de Galicia, ente adscrito á Consellería do Mar da Xunta de Galicia. Cómprenos lembrar que o orzamento da Xunta que dirixe o señor Rueda ascende este ano a trece mil novecentos cincuenta e catro millóns de euros. Entrementres cumpríaranse catro anos mes de febreiro do comenzó do deterioro da rampa anexa á Ponte da Misericordia.
Esta situación é unha proba máis do trato discriminatorio que o goberno galego do Partido Popular leva exercendo durante anos sobre o conxunto da veciñanza de Viveiro.
Jesús Fernández Cal
Vice-Secretario de Organziación PSdeG-PSOE de Viveiro



















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



