Santiago de Compostela, 18 de febreiro, 2026. A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, preguntará a Rueda no próximo Pleno por que oculta a información sobre os compromisos adquiridos pola Xunta, a través da Sociedade Impulsa, con Altri, unha falta de transparencia que xa ten levado á formación nacionalista a presentar un recurso xudicial diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG).
“No BNG imos chegar até o final e deitar luz onde o PP só quere sombra”, asegurou tras a Xunta de Portavoces a viceportavoz nacionalista, Olalla Rodil, quen insistiu no dereito que teñen os galegos e as galegas a saber “en que anda o goberno do PP e como se gastan os seus cartos”. É por iso, explicou, que Pontón pedirá explicacións pola ocultación do acordo secreto asinado en outubro de 2021 entre Altri e a Sociedade Impulsa, disolta no “medio do verán” con “absoluto escurantismo” para “impedir que rendese contas e fose fiscalizada no só por este Parlamento senón tamén polo Consello de Contas”.
Tras lembrar que o 40 % do capital de Impulsa procedía de fondos públicos, Rodil emprazou a Rueda a aclarar que compromisos adquiriu a Xunta a través de ese acordo e, sobre todo, as contrapartidas a Altri “de non chegar a culminarse” o proxecto de instalar a macropasteira contaminante en Palas de Rei.
Aproveitando a proximidade do 8 de marzo, o BNG interpelará tamén no Pleno á conselleira de Polítia Social, Fabiola García, sobre a situación de desigualdade socioeconómica que continúan padecendo as mulleres galegas, en especial, no que atinxe ás condicións de traballo e os salarios.
“A fenda salarial non deixou de medrar até 2022 e, aínda que baixou lixeiramente en termos porcentuais no 2023, en termos absolutos é a maior de todo o período, acadando os 4.706 euros”, salientou a deputada nacionalista, aludindo así mesmo a que a pensión media anual da muller galega foi un 24 % menor que a do home (-4.851 €).
O BNG pretende ademais que Fabiola García dea explicacións pola precariedade que soportan mulleres en sectores profesionais feminizados que dependen directamente da Consellería de Política Social, como é o dos coidados no SAF, as residencias ou os centros de discapacidade. “No mellor dos casos cobrando o Salario Mínimo Profesional”, apostilou.
Entre as iniciativas que o BNG levará ao vindeiro Pleno figura, por outra banda, unha proposición non de lei para reclamarlle ao Goberno do PP que garanta aos centros educativos os medios suficientes para a atención á diversidade. “Inclusión non é matricular en centros ordinarios alumnado con discapacidade ou con necesidades educativas especiais (NEAE) sen máis”, asegurou Rodil, quen advertiu que as familias e o persoal docente están ao límite e precisan máis profesorado especializado e rateos máis baixos.
A Consellería do Mar, ausente
A través dunha interpelación, o BNG levará ademais ao Pleno a “dramática situación” que sofre o sector da pesca e o marisqueo agravada polos temporais deste ano e os efectos da falta de regulación no baleirado dos encoros. “A Consellería do Mar e o conxunto do Goberno está totalmente ausente”, criticou Rodil, afeando así que, na vez de buscar solucións á falta de produtividade das rías, o PP na Xunta dedique todos os seus esforzos a “mirar as competencias da administración que ten ao lado” sen asumir as que lle son propias.
Nin o está facendo agora nin o fixo tras os temporais de 2023, que provocaron enormes perdas no sector do mar, afondou a deputada. Segundo lembrou, as ventas en lonxa caeron en 2024 un 18 % (24.000 toneladas menos de peixe e marisco), a facturación caeu un 7,5 % (uns 30 millóns de euros) e só ese ano se perderon 222 postos de traballo no marisqueo a pé. “Chove sobre mollado”, afirmou.
A viceportavoz do BNG no Parlamento adiantou que o BNG apoia a tramitación pola vía da urxencia da iniciativa do PP para “autocorrixirse” e emendar os seus propios erros na Lei de Acompañamento no que ten que ver coas desgravacións fiscais pola compra de libros de texto. “Intentan tapar o impacto da chapuza que fixo o propio PP”, asegurou, reprobándolle o Executivo de Rueda que obviase que moitos galegos seguen utilizando “carto físico” para facer fronte o “inxente gasto” en libros de texto que teñen que afrontar as familias “porque o PP se cargou o préstamo universal e gratuíto”.
Balance da lexislatura
A preguntas dos xornalistas, Rodil fixo balance dos dous anos transcorridos desde as eleccións galegos, tempo de sobra, argumentou, para ver “un PP absolutamente entregado aos intereses dun puñado de empresas, vendendo a prezo de saldo recursos e a riqueza deste País”. “Altri é un exemplo paradigmático de como traballa o PP”, dixo.
Criticou, así mesmo, os retrocesos durante estes dous anos en servizos públicos, especialmente na sanidade, a educación ou a atención á dependencia. “Todas vamos aos centros de saúde e a ninguén se lle escapa que, nunha parte importante de casos, ou non tes médico ou nos tes pediatra e tardan máis de 15 días en darte unha cita”, afondou.
Fronte a iso, engadiu, o BNG vén demostrando neste tempo que é a alternativa de goberno, unha posición que consolida grazas a unha oposición “firme, contundente, rigorosa e construtiva” a través de propostas alternativas “para atender os problemas reais da xente, para poñer a inmensa riqueza que temos ao servizo do intereses social e do desenvolvemento do País”.




















O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



