No marco desta campaña divulgativa, tamén se inclúen charlas gratuítas en dez municipios que impartirá a doutora en astrofísica Lucía González. As dúas primeiras terán lugar o 29 de xuño en Foz e Viveiro
Lugo, 17 de xuño de 2026. A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, vén de anunciar este mércores que a institución provincial comezou a enviar material divulgativo e de protección por toda a provincia, co obxectivo de preparar aos veciños e veciñas de cara á eclipse solar que acontecerá o 12 de agosto. O reparto, no que se distribúen 35.000 lentes homologadas e 45.000 dípticos informativos, realízase a través dos concellos tendo en conta o número de habitantes de cada municipio.
Os recursos que se están a distribuír inclúe información sobre o inicio e o desenvolvemento da eclipse; os horarios previstos; os mellores puntos de observación; e recomendacións sanitarias para evitar danos na vista. Ademais, tamén se incorpora un código QR que dá acceso á páxina web https://eclipse.deputacionlugo.org/, posta en marcha pola institución provincial, e na que se ofrecen todos os detalles do fenómeno, así como contidos e recursos divulgativos para a cidadanía.
Carmela López recordou que “este fenómeno astronómico poderá verse desde a península ibérica tras máis de cen anos. Concretamente, a provincia de Lugo será un dos lugares máis privilexiados do mundo para observalo, xa que practicamente poderá contemplarse desde a totalidade dos concellos”.
10 xornadas divulgativas e gratuítas
A mandataria provincial avanzou que a Deputación de Lugo puxo en marcha unha campaña de divulgación sobre a eclipse, que xa se iniciou o pasado 4 de maio cunha conferencia inaugural da doutora en Astrofísica Lucía González Cuesta no Pazo de San Marcos. Esta primeira charla deu comezo a un programa máis amplo de actividades que “completamos con este reparto e outras dez conferencias informativas e gratuítas que se realizarán polo territorio lucense da man de Lucía González”. Nese sentido, detallou que a asistencia é libre ata completar aforo e que os veciños e veciñas que asistan poderán coñecer con máis detalles información e ferramentas que lles permitan gozar deste fenómeno de forma segura. A programación é a seguinte:
29 de xuño
– Concello de Foz – 11:30 horas no edificio CENIMA con capacidade para 70 persoas.
– Concello de Viveiro – 19:30 horas na Sala Multiusos do municipio. O aforo é de 80 persoas.
30 de xuño
– Concello de Vilalba – 11:00 horas na Casa da Cultura con entrada para 67 persoas.
– Concello de Meira – 19:00 horas na Casa da Cultura. O número máximo de asistentes é de 170 persoas.
1 de xullo
– Concello da Fonsagrada – 11:00 horas no Salón de Actos municipal de Os Chaos. O aforo é de 160 persoas.
– Concello de Cervantes – 19:00 horas no Salón Multiusos Casa da Catoira con capacidade para 60 persoas.
2 de xullo
– Concello de Antas de Ulla – 12:00 horas na Casa da Cultura. O aforo é de 200 persoas.
– Concello de Monforte de Lemos – 20:15 horas na Casa da Cultura Lois Pereiro. O número máximo de asistentes será 158.
3 de xullo
– Concello de Quiroga – 11:00 horas na Casa da Cultura. O aforo é de 159 persoas.
– Concello de Sarria – 19:30 horas na Casa da Cultura. O aforo é de 126 persoas.










O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



