Ribadeo, 29 de xuño de 2026. En Ribadeo xa está listo o dispositivo que velará pola seguridade de todos os eventos e festas que se desenvolverán durante o verán. Hoxe na Casa do Concello tivo lugar a xunta local de seguridade.
O alcalde, Dani Vega, contou que “hoxe celebramos a Xunta Local de Seguridade para abordar desde o punto de vista da seguridade os eventos, as festas e as celebracións que vai ter Ribadeo nos próximos meses. Quero agradecer a presenza da subdelegada do Gobermo, dos distintos Corpos e Forzas do Estado e analizar, profundar, dende os controis da alcoholemia e tamén desde todos os espazos que lles teñan garantidos desde o punto de vista da seguridade”.
O rexedor considera que “as celebracións, os eventos, os festivais e as festas que hai en Ribadeo, debemos coordinalas entre as distintas administracións, tamén os distintos Corpos e Forzas do Estado. Agradecer á Policía Local porque vai tutelar, vai levar a batuta nesta seguridade dos distintos eventos que ten Ribadeo, pero agradecerlle evidentemente a todos os Corpos e Forzas do Estado da nosa comunidade. Así tamén agradecer todo o traballo que se está facendo por parte da Concellería de Seguridade, á súa concelleira, porque creo que é importante organizar, celebrar, dinamizar a nosa vila, pero sempre cumprindo cos parámetros de seguridade e dotando os espazos desa seguridade que queren tanto veciños como visitantes”.
Vega dixo: “na xuntanza de hoxe abordamos dende o Ribadeo Indiano, a festa Percebe, a Xira e todos os festivais que vai haber en Ribadeo e tamén nas festas patronais. E tamén incidimos moito no 12 de agosto, o día do eclipse, no evento que se vai organizar na praia das Catedrais”.
Para o alcalde ribadense “foi unha reunión moi positiva, aproveitámola perfectamente e eu quero incidir nesa colaboración entre as administracións para garantir os espazos e os eventos, desde un punto de vista da seguridade”.
Pola súa banda a subdelegada, Olimpia López, puxo en valor a colaboración e a coordinación permanente entre todas as administracións e as forzas e corpos de seguridade, unha cooperación que cualificou de esencial para que os eventos se desenvolvan con normalidade. Así mesmo, fixo un chamamento á cidadanía para que siga en todo momento as indicacións dos servizos de seguridade e emerxencias, contribuíndo así a que as celebracións transcorran nun ambiente seguro e de convivencia.


























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



