Burela, 3 de decembro de 2018. A Fundación Imdecum abriu hoxe, por oitava edición consecutiva, o prazo do concurso do Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña, destinado o estudantado de Secundaria da bisbarra. Como novidade, este ano a cita estreará unha nova vertente, a máis inclusiva, coa incorporación de obradoiros e concurso dirixidos aos usuarios da Fundación Eu Son de Burela, entidade que presta servizos a persoas adultas con discapacidade intelectual da comarca da Mariña.
A fotógrafa Sabela Blanco compartirá cos usuarios de Eu Son a súa perspectiva da instantánea nun taller que impartirá mañá. Nos centros de ensino secundario, o IES Alfoz-O Valadouro será o destinatario dun obradoiro de vídeo, a cargo do realizador audiovisual Xermán Miranda, a mediados de decembro.
No tradicional concurso, ata o 30 de decembro o alumnado mariñán poderá presentar as súas visións da Mariña nas categorías de fotografía e vídeo. A edición de 2018 da cita estará aberta para os centros que xa participaron en anos anteriores: Monte Castelo e Perdouro (Burela), Marqués de Sargadelos (San Cibrao), Vilar Ponte (Viveiro), Dionisio Gamallo (Ribadeo), María Sarmiento (Viveiro), Illa de Sarón (Xove), Alfoz-O Valadouro e Foz.
Coa chegada de 2019, a Fundación Imdecum fará público o nome dos gañadores de cada vertente e sección, que recibirán unha cámara fotográfica como premio, na exposición dos traballos seleccionados.
A iniciativa conta co apoio da Área de Cultura da Deputación de Lugo.
Premio 2017, no IES Perdouro
Unha imaxe boscosa cun cogomelo como protagonista, de Yaiza Rivas, do IES Perdouro, foi a gañadora de 2017, nunha edición que contou coa colaboración do fotógrafo lugués José María Álvez e do artista burelao Héctor Manasé.





















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



