Burela, 24 de abril de 2019. O BNG de Burela presenta unha candidatura integrada por un grupo de mulleres e homes representativos de distintos sectores e con implicación en distintos ámbitos da vida local, desde o mundo asociativo ao deportivo, pasando polo comercio, o ensino ou a sanidade. A candidatura presentada pola formación nacionalista mistura a experiencia do labor institucional no Grupo Municipal e a bagaxe do labor organizativo nos órganos de dirección local do BNG, xunto coa renovación que supoñen as novas incorporacións.
Desde a formación frontista destacan o traballo de Mario Pillado Mon e Dorotea González Fraga á fronte do Grupo Municipal, que durante estes catro anos trasladaron ao pleno numerosas iniciativas do BNG e levaron a cabo un intenso traballo de oposición ao Goberno do PSOE. Neste sentido, o BNG aposta por Pillado e González Fraga como número 1 e número 2 da candidatura, coa confianza e garantía do compromiso, dedicación e preocupación que demostraron estes catro anos polos problemas dos veciños e veciñas de Burela.
Novas incorporacións completan unha lista plural e representativa de distintos ámbitos sectoriais.
Entre as novidades atopamos a Anxo Valle Ares, traballador do servizo de inspección técnica de vehículos, Víctor Cabarcos Val, estudante que se atopa na actualidade cursando un ciclo superior en Enerxías Renovables, Ángela Íñigo González, titulada en Educación Infantil, que compaxina os seus estudos de logopedia co traballo no sector do lecer infantil, Adrián Piñón Domínguez, administrativo nunha asesoría a empresas e Secretario do Foro Económico da Mariña, e Maria Antonia Oroza Fernández, empregada no ámbito do coidado a persoas maiores e vinculada co asociacionismo de carácter asistencial.
O candidato á alcadía de Burela, Mario Pillado sinalou que confía plenamente nas persoas que integran a cadidatura e que se presentan con moita ilusión de cara á cita eleitoral do próximo 26 de maio. “Valoramos moi positivamente o traballo feito polo equipo que formamos hai catro anos, tanto a nivel humano, como no institucional e no organizativo, por iso cremos que imos no bo camiño. As novas incorporacións que veñen de unirse ao proxecto do BNG aportan frescura e novas ideias e estou convencido de que se vai traducir nun incremento de apoios ao BNG con claras opcións de goberno e que nos van permitir seguir defendendo os intereses da veciñanza de Burela” sinalou Pillado.
Completan a candidatura, Silvino Oroza Cordido, moi vinculado co tecido asociativo da vila, Ana Amat Casariego, empregada de farmacia e activista na Plataforma Sanitaria da Mariña, Dolores López Costa, Roberto Bouza Orosa, Rosa Ana Posada Expósito, Adolfo Corral Calviño, Belén Quintela Yáñez, Senín Díaz Mon e José Mon Otero
























Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.



