Viveiro 21-5-19. A candidata do BNG á alcaldía de Viveiro, Miriam Bermúdez, está a trasladarlle as súas veciñas e veciños que o seu grupo traballará desde o concello por unha política tributaria municipal que estea ao servizo da veciñanza porque, asegura Bermúdez “defendemos unha facenda municipal máis xusta e equitativa”.
En materia de política tributaria municipal, o BNG propón para os vindeiros anos a aplicación de criterios de xustiza social no ámbito da fiscalidade municipal, así como unha Ordenanza fiscal que premiará á veciñanza e ao comercio, hostalería e outras actividades económicas a recollida de calidade, a autocompostaxe e a redución da produción de residuos. Xs nacionalistas destacan a súa iniciativa de querer poñer en marcha un Plan de pago personalizado de impostos municipais para facilitarlle á veciñanza o pago de recibos fraccionadamente a través de ingresos periódicos (mensual, bimestral, trimestral ou semestral) a conta da débeda anual estimada correspondente a calquera dos seguintes recibos do padrón: IBI, IAE, IVTM e as taxas pola prestación do servizo de recollida de lixo e RSU de locais ou establecementos, entre outros. Un plan que ademais levará aparello unha bonificación na cuota íntegra destes impostos a pagar.
Co obxectivo de racionalizar e optimizar os recursos económicos e os investimentos, a candidata nacionalista, Miriam Bermúdez, recordaba estes días que no programa de goberno do BNG está contemplada a intención dxs nacionalistas de elaborar os primeiros meses de goberno un Plano Económico para o mandato do goberno municipal no que queden estabelecidas as prioridades en materia de investimentos, no cal terán que figurar as obras que se pretendan executar no medio prazo, coas partidas que previsibelmente sexan necesarias para a súa execución, dándolle prioridade a investimentos que procuren melloras ambientais e sociais. Asimesmo anuncia que reivindicarán á Deputación de Lugo, desde o goberno municipal, a consolidación do seu Plano Único de Cooperación cos Concellos e reclamarán da Xunta a integración no Fondo de Cooperación Local, como fondos incondicionados de cada concello, as subvencións finalistas, hoxe en día previstas nos orzamentos da administración galega e que responden a competencias locais (protección civil, infraestruturas rurais.























A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.



