Ribadeo, 26 de agosto de 2019. O alcalde en funcións, Pablo Vizoso, referiuse esta mañá ao vertido accidental de zurro que se producías nas últimas horas en Vegadeo (Asturias) e que chegou ao río Eo. O rexedor transmítelle tranquilidade á veciñanza xa que os parámetros da auga da traída non se viron alterados polo vertido, que se rexistrou augas abaixo da captación para consumo de Ribadeo, sita en Vilarbetote (Trabada). Como medida de precaución o Concello pide a veciños e visitantes que non se bañen nas praias da ría, é dicir nos Bloques e no Cargadeiro, lugares nos que esta mañá se colocaron carteis informativos para advertir da situación.
O rexedor dixo que “ante o vertido accidental de zurro ao rego Ouría acontecido no día de onte no veciño concello de Vegadeo e a súa posible afección ao termo municipal de Ribadeo, queremos en primeiro lugar transmitirlle tranquilidade á nosa veciñanza”.
Vizoso explicou que “este vertido chegou a afectar ao río Eo, pero é máis abaixo da captación de auga para consumo humano de Ribadeo en Vilarbetote (Trabada). Por parte do Concello contactouse desde o primeiro momento cos diferentes organismos competentes. Dende a Confederación Hidrográfica do Cantábrico trasladáronnos que están a traballar na contención deste vertido e que xa están a tomar mostras do lugar para avaliar o alcance da contaminación, esperando dispoñer dos primeiros resultados mañá mesmo”.
O alcalde en funcións, Pablo Vizoso, subliñou que “dende a detección deste vertido Viaqua, empresa concesionaria do servizo municipal de augas do Concello de Ribadeo, confirmounos que a captación non se viu afectada nin comprometida en ningún momento e que os parámetros das análises periódicas básicas da auga captada non se viron alterados”.
O rexedor ribadense engadiu que “actualmente non temos confirmación de se esta contaminación chegou á ría de Ribadeo, non obstante, dende o noso Concello solicitóuselle á Consellería de Sanidade a realización dunhas análises das augas de baño das praias de Os Bloques e O Cargadeiro, a maiores das que se realizan de xeito ordinario durante a tempada de baño. Como digo non temos confirmación de si a contaminación afecta á ría, pero por precaución dende o Concello de Ribadeo, mentres non se obteñan os resultados destas análises, recoméndase non bañarse na ría, así como extremar as precaucións en todas aquelas actividades que se desenvolven dentro deste espazo”.
Esta mañá o Concello colocou carteis informativos nas contornas das praias da ría advertindo desta situación.






















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



