Escrebín hai días a grande probabilidade que o Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) recoñecese a cualidade de eurodeputado do preso político Oriol Junqueras dende o intre da súa elección, sen ningunha caste de promesas nin requisitos adicionais. E mantiven esta tese na TVG hai poucos días fronte ao eminente catedrático de Dº Constitucional da USC, quen defendía a soberanía da lei electoral española para lles impor esa caste de requisitos adicionais aos eurodeputados elixidos no Estado español.
Quod erat demostrandum, como quixemos demostrar, o TXUE dixo que Junqueras é eurodeputado dende a mesma proclamación dos resultados das eleccións pola Administración electoral estatal o 13.06.2019. Xa que logo, dende esa data desfrutaba de inmunidade parlamentaria.
Que efectos ten esta sentenza do TXUE? Para a corrente maioritaria publicada en Madrid, Junqueras xa foi condenado por sentenza definitiva do Tribunal Supremo (TS) e, xa que logo, a súa irregular estadía no cárcere como preso preventivo entre o 13 de xuño e o 14 de outubro deste 2019 xa está convalidada pola sentenza, aplícase esa tempada a pagar a pena total e non hai máis que dicir. Mais mesmo esta corrente recoñece que Puigdemont, Comín e Ponsati, procesados en rebeldía, adquiriron a súa inmunidade parlamentaria o 13 de xuño, o que supón que non poidan ser encarcerados nin continuar o seu axuizamento sen a aprobación expresa do Parlamento Europeo.
Porén, outra corrente interpreta o Dereito moito máis consonte co principio democrático e considera que a sentenza de 14 de outubro é nula de pleno Dereito a respecto de Junqueras, por mor da súa inmunidade dende o 13 de xuño anterior. De feito, o TXUE dille ao TS que si quería prorrogar o cárcere preventivo dende o 13 de xuño habería pedirlle ao Parlamento Europeo o seu plácet. Porque non agardou o TS ditar a sentenza de Junqueras á resposta do TXUE á súa cuestión prexudicial?
Para rematarmos esta xeira dúas conclusións de lóxica democrática: i) modifiquemos o Dereito electoral e os Regulamentos parlamentarios para facer efectivo o principio legal declarado pola TXUE: ningún concelleiro ou deputado precisa xurar nin prometer nada para adquirir a súa cualidade de representante cidadán e ii) avaliemos as avantaxes de pertencermos a unha comunidade de Dereito como a UE, que corrixe cando cumpre aos Tribunais e Autoridades de calquera Estado da Unión.























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



