O pasado xuño cumpriu cinco anos de mandato o actual Xefe de Estado e, diante da falla de enquisas “ad hoc” do CIS (é igual quen goberne, xa saben a substancial semellanza entre os españois de dereitas e os españois de esquerdas) a empresa IMOP Insights realizou para a revista Vanitatis unha enquisa na que se lle preguntou á xente pola escolla entre Monarquía e República.
Os resultados danlle unha lixeira avantaxe a nível estatal aos monárquicos (50,8% ) fronte aos republicanos (46,1%). No noso país os resultados invírtense: 51,6% de galegos pola República fronte ao 45,6% monárquicos. Os resultados amosan unha grandísima fenda territorial: 70,6% vs 24,7% para os vascos e 74% vs 21,6% para os cataláns, sempre a prol da República. No País Valencià empatan a 50%, mentres que na Andalucía, en Madrid e no resto de CC.AA. as porcentaxes de seareiros da Monarquía soben a cadanseus 75,1%, 62% e 56%..
A fenda tamén é xeracional: nos menores de 45 anos gaña amplamente a República e nos maiores desa idade a Monarquía. E ideolóxica: absoluta hexemonía de republicanos nos simpatizantes de Podemos, IU e forzas soberanistas fronte a unha absoluta hexemonía de monárquicos nos seareiros do PP, Vox e Cs, Nos seareiros socialistas hai maioría republicana (51,6% vs 44,5%).
Sen ánimo de facermos destes dados (semellantes, porén, a algunha enquisa do 2018) dogma de fe é evidente que a Coroa non é unha Institución percebida como neutral polas maiorías sociais. E, despois de cinco anos de mandato de Felipe de Borbón, semella que o principal factor de filias e fobias monárquicas ( sen desprezar problemas de lexitimidade de orixe evidentes como a orixe franquista da reinstauración de 1975 ou a falla dunha decisión popular independente a respecto exclusivamente da Institución no referéndum constitucional de 1978) é o propio discurso, explícito e implícito, emanado dos actos de El Rei.
E neste eido é onde se explican os dados da enquisa e a terríbel fenda territorial, ideolóxica e xeracional entre seareiros e detractores da Monarquía. Porque o discurso do 3-Ou situou ao Xefe do Estado fóra da súa función arbitral e fronte a cando menos a metade da cidadanía catalá. E porque a súa mensaxe, tamén implícita, neste quinquenio debuxárono como garante dos privilexios dos que compoñen o Deep State no canto dun árbitro facilitador de solucións máis democráticas aos problemas de exclusión social, desigualdade económica e parálise política.























Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.



