Cervo, 9 de xuño de 2020. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, valorou de xeito moi positivo os recoñecementos cos que a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac) vén de premiar a xestión medioambiental do municipio.
Deste xeito un ano máis a Praia do Torno recibe o distintivo de Bandeira Azul, pola calidade das súas augas e dos servizos que ofrece.
Ademais, tal e como deu a coñecer no día de a Adeac o “Sendero Azul” do Torno tamén contará con esta insignia, por quinto ano consecutivo. Un carreiro natural cun percorrido de 2,36 quilómetros, que bordea o areal que leva o mesmo nome “e que é un reclamo de primeira orde tamén para o noso Concello”.
O rexedor quixo felicitar tamén de novo a Paco Fra, porque a súa Carpintería de Ribeira, única na provincia de Lugo, foi recoñecida por terceiro ano consecutivo como Centro Azul “pola súa contribución á divulgación en materia medioambiental, realizando un traballo artesanal respectuoso coa contorna”.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, destacou que “estamos satisfeitos porque estes recoñecementos veñen referendar o labor que levamos anos desenvolvendo para buscar a calidade dos nosos recursos naturais, o que supón unha importante inversión en infraestruturas, en saneamento e no coidado e mantemento destes espazos, e estes distintivos son un impulso e un incentivo máis para seguir a traballar baseándonos no compromiso coa contorna e promovendo tamén hábitos responsables para manter as nosas praias na mellor das condicións”.
O rexedor sinalou que “aínda que O Torno é a praia que ten bandeira azul, todos os areais do Concello contan cuns servizos axeitados a disposición dos usuarios, e cunha calidade óptima para o baño dos que temos que desfrutar con responsabilidade e gardando o distanciamento social correspondente, dada a situación excepcional que vivimos”.
Villares recordou así mesmo que desde a última fin de semana de maio, en previsión da chegada do bo tempo e coincidindo co alivio das medidas de restrición en Galicia, xa temos activo o servizo de socorrismo municipal na Praia do Torno, a de maior afluencia de xente en tempada estival, e hoxe galardoada de novo coa Bandeira Azul.
Deste xeito, 6 socorristas que forman parte do cadro de persoal da Administración local, velan pola seguridade das persoas usuarias, de luns a domingo, en quendas de mañá e tarde.
Así mesmo, nestas últimas semanas, en coordinación co Servizo Municipal de Emerxencias, traballouse na elaboración dun protocolo de salvamento e seguridade nos areais de tal xeito que se dotou aos socorristas de balóns de ventilación, de gafas protectoras especiais e de equipos de protección individual para cada técnico para que poidan realizar as intervencións de primeiros auxilios, se se dese a circunstancia, con todas as garantías tanto para o suposto lesionado como para o propio socorrista; coa máscara como elemento obrigatorio ante a imposibilidade de manter a distancia, nestes supostos. Os socorristas tamén dispoñen de xeles desinfectantes e demais material específico contra o COVID-19.
Así mesmo, tamén se están a instalar carteis informativos en todas as praias do municipio nos que se lles recorda ás persoas usuarias a importancia de manter a distancia de seguridade tanto sobre a area como no baño, que eviten que as crianzas contacten con materiais e con outras persoas, que non practiquen deportes colectivos no areal e que, se detectan algún síntoma, que abandonen a praia.
Desde o Concello de Cervo pídenlle á cidadanía que goce dos diferentes areais que ten o municipio, pero sempre con responsabilidade, e seguindo as recomendacións de Sanidade.



















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



