Burela, 19 de xuño de 2020. A Concellería de Medio Ambiente ven de publicar un Bando no Taboleiro de Anuncios do Concello para informar sobre a realización das fogueiras e cacharelas do San Xoán, sobre o seu réxime de autorización, que este ano está condicionado pola situación de emerxencia sanitaria provocada polo COVID-19. Toñi Eijo anuncia que non estarán permitidas aquelas de concorrencia pública e con carácter de actividade recreativa na vía pública ou en parcelas privadas. Só contarán con autorización as que se celebren en fincas privadas e teñan carácter familiar e privado.
A edil burelesa explica que “como consecuencia das medidas adoptadas pola Xunta de Galicia en virtude do seu Decreto 90/2020, do 13 de xuño, e o Acordo do seu Consello de 12 de xuño de 2020, no ámbito da nosa comunidade autónoma, non se poderá celebrar ningunha verbena, festa ou evento popular ata que a administración pública autonómica, tendo en conta a evolución epidemiolóxica, así o permita e, en todo caso, non antes do 1 de xullo de 2020.
Sendo isto así, por motivos de saúde pública, e sobre a base do disposto pola Xunta de Galicia, o Concello de Burela, no marco das competencias que lle son propias, prohibe -e, consecuentemente, non autorizará-, a realización, con ocasión da festividade do San Xoán e no período comprendido entre a noite do 23 e o 24 de xuño, de fogueiras ou cacharelas ao aire libre, en parcelas privadas ou na vía pública, que sexan de concorrencia pública e teñan carácter de actividade recreativa nos termos da lei de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia, e iso con independencia de que estas teñan ou non carácter lucrativo”.
Toñi Eijo subliña que “pola contra, si que poderán ser obxecto de autorización por parte do Concello de Burela a realización, con ocasión da festividade do San Xoán e no período comprendido entre a noite do 23 e o 24 de xuño de fogueiras ou cacharelas ao aire libre, en parcelas privadas, sempre e cando sexan levadas a cabo no ámbito de actos e/ou celebracións de carácter privado ou familiar, que non se efectúen en espazos abertos ao público e que, polas súas características, non supoñan ningún risco para a integridade do dominio público, para a convivencia entre a cidadanía ou para os dereitos de terceiros”.
A concelleira de Medio Ambiente lembra que “é preciso cumprir, tamén con ocasión destas celebracións privadas ou familiares , entre outras medidas, as establecidas en materia de distanciamento social e seguridade e hixiene tanto pola autoridade sanitaria estatal, como pola autonómica, para previr o contaxio e a expansión do devandito COVID-19”.
E engade que “a forma de solicitar as autorizacións para a realización das referidas fogueiras ou cacharelas, o réxime xurídico de aplicación e as condicións ás que se someten as queimas, están contidas nun Bando publicado no Taboleiro de Anuncios do Concello de Burela. Para obter a autorización será preciso presentar a oportuna solicitude antes das 14:00 horas, do día 23 de xuño de 2020, no rexistro do Concello de Burela, ou en calquera dos rexistros das Administracións Públicas habilitados ao efecto. O outorgamento da autorización – ou no seu caso, a súa denegación -, as condicións da mesma, e a lista de persoas autorizadas será publicada no Taboleiro de Anuncios, tanto da Sede Electrónica do Concello de Burela, como da propia Casa Consistorial. Para a presentación de forma presencial no Rexistro do Concello de Burela, da solicitude para a realización das fogueiras anteriormente referidas, será preciso pedir cita previa chamando ao teléfono 982 58 60 00”.





















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).