Ribadeo, 19 de xuño de 2020. A Concellaría de Servizos Sociais de Ribadeo iniciou hoxe o reparto de 1.410 máscaras infantís. Foron doadas pola Deputación de Lugo e chegarán nunha primeira fase a 83 menores de 54 familias vulnerables.
A edil Mónica Freire explicou que “desde a área de Servizos Sociais entendemos que é prioritario destinar estas máscaras, neste caso infantís, facilitadas pola Deputación Provincial, para axudar ás familias con maiores problemas económicos”.
A concelleira de Servizos Sociais tivo palabras de agradecemento para a institución provincial: “aproveitar para agradecer á Deputación Provincial de Lugo esta achega destas 1.410 máscaras infantís, que se suman ás que xa cederon para os adultos”.
Freire Rancaño contou que “no día de hoxe, venres, os Servizos Sociais do Concello de Ribadeo comezan co reparto das máscaras infantís que foron facilitadas pola Deputación Provincial de Lugo. Este reparto farémolo entre as familias máis vulnerables de Ribadeo que teñan nenos de entre 3 e 16 anos. Aínda que as máscaras só son obrigatorias para maiores de 6 anos, si que é verdade que é recomendable para as crianzas de entre 3 e 5. Así que decidimos tamén incluír este rango de idade no reparto”.
A responsable de Servizos Sociais engadiu que “as máscaras veñen en packs de 10. Neste primeiro reparto queremos chegar a 83 menores pertencentes a 54 unidades familiares”.























A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



