Nota de Prensa
Sumando a que está en proceso, a porcentaxe acada o 98,5, segundo explicou hoxe en comisión parlamentaria o director xeral de Montes en resposta a unha pregunta da deputada do PPdeG
A XUNTA CONFÍRMALLE A EMMA ÁLVAREZ CHAO QUE O 86,64% DA MADEIRA AFECTADA POLO KLAUS NA MARIÑA LUCENSE ESTÁ XA RETIRADA
* A parlamentaria do Grupo Popular lembrou que o Bipartito “tardou case tres meses en publicar unha orde de axudas para o sector forestal”, que foi publicada o 15 de abril de 2009, “xa perdidas as eleccións”, e que “impediu a tramitación dos expedientes ata mediados de xuño, momento en que remataban os prazos establecidos na propia orde”.
Santiago, 5 de maio de 2010.- A Xunta de Galicia confirmoulle hoxe á deputada Emma Álvarez Chao que o 86,64% da madeira afectada polo Klaus na Mariña Lucense está xa retirada. En resposta a unha pregunta da deputada do PPdeG, o director xeral de Montes explicou en Comisión parlamentaria que, sumando a madeira que está en proceso para a súa retirada, a porcentaxa acada o 98,5 por cento. En concellos como Ribadeo, A Pontenova, Trabada ou Lourenzá a madeira xa retirada acada o 100%.
Na resposta, o director xeral confirmou tamén que a Consellería de Medio Rural está a cumprir os compromisos asumidos en relación ás incidencias provocadas polo temporal Klaus e salientou, nese sentido, o incremento en máis de 4 millóns de euros do orzamento destinado polo anterior Goberno a resolver as consecuencias do mesmo, pasando de 2 a 6 millóns. O incremento permitiu dar resposta a todas as solicitudes de axudas presentadas que cumprían os requisitos para acceder a elas, e se complementou cunha nova orde de axudas para a recuperación das áreas forestais danadas polo Klaus, que foi acordada co sector e que supón un investimento inicial de 1,6 millóns de euros entre 2010 e 2011.
Na súa intervención na Comisión, a parlamentaria do Grupo Popular lembrou que o Bipartito “tardou case tres meses en publicar unha orde de axudas para o sector forestal”, que foi publicada o 15 de abril de 2009, “xa perdidas as eleccións”, e que “impediu a tramitación dos expedientes ata mediados de xuño, momento en que remataban os prazos establecidos na propia orde”.
PRIORIDADE PARA O GOBERNO DE NÚÑEZ FEIJÓO
En cambio, resaltou, para o Goberno de Núñez Feijóo, a extracción da madeira e a recuperación das áreas forestais afectadas polo citado temporal “foi desde oprimeiro momento unha prioridade”, a pesar dos atrancos herdados da mala xestión do Bipartito, entre os que destacou os prazos da orde publicada polo anterior Goberno, “que imposibilitou entrar nos montes de xestión privada, iniciar expedientes de retirada e mesmo a valoración dos expedientes tramitados ata case seis meses despois do temporal”, e a escasa dotación orzamentaria da orde de axudas, que o novo Goberno ampliou, xa que os dous millóns previstos polo Bipartito eran claramente insuficientes para facer fronte a todos os expedientes de solicitude que se presentaron.

















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



