Burela, 6 de outubro de 2020. As Concellerías de Turismo e de Medio Ambiente anuncian que volven as Xeorutas no último trimestre do ano. O Concello recupera deste xeito as que non puideron celebrarse durante os meses de xuño e xullo por mor da pandemia do Covid-19. A Ruta Xeolóxica do Perdouro será os días 10 de outubro e 29 de decembro; a da Marosa, os días 5 e 27 de decembro; e a do Monte Castelo, o 7 de decembro. As Xeorutas foron presentadas polos concelleiros de Turismo e de Medio Ambiente, Ramiro Fernández e Toñi Eijo, xunto ao alcalde, Alfredo Llano.
O edil de Turismo explicou que “desde a Concellería de Turismo, en colaboración coa de Medio Ambiente, imos volver poñer en marcha as rutas xeolóxicas que non puidemos facer durante o verán, nos meses de xuño e xullo, debido á pandemia. Quedáronnos pendentes unha serie de rutas que queríamos facer nesas datas que non foi posible facer, co cal iniciámolas outra vez na tempada de inverno”.
Ramiro Fernández indicou que “a primeira ruta vai ser este sábado, ás catro da tarde, vaise facer a ruta do Perdouro. As rutas que non puidemos facer na tempada de verán, imos repartilas en festivos ou en pontes durante este último trimestre do ano”.
O concelleiro burelés considera que “é unha iniciativa, como dicimos sempre, que é exitosa. Animamos á xente a participar nesta primeira ruta que vai ser este sábado nunha das zonas máis privilexiadas, que é a do Perdouro, moi interesante para ver. Apostamos claramente por estas rutas xeolóxicas e desde logo é un obxectivo, da Delegación de Turismo e tamén da de Medio Ambiente, seguir impulsando o coñecemento destas áreas xeolóxicas que temos en Burela, que son unhas áreas envidiables que temos que seguir explotando e nesa labor estamos”.
Fernández Rey insistiu en “animar a toda a xente a participar, a que nos poida visitar nestes días ou á xente de Burela que teña curiosidade por coñecer algo máis do seu pobo e destas zonas, e aprender un pouco máis do que é o noso concello”.






















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



