Facía publico, estes días, a patronal da hostalaría; que a nivel estatal contaban con facturar preto do 48% menos que no 2019. Supón unha perda de 15.000 millóns de euros no sector, un dos máis fortemente castigados pola crise derivada da pandemia. É certo que as medidas e as accións para paliar as curvas de contaxio teñen, en boa lóxica, que regular fortemente e sen medias tintas a interacción das persoas na hostalería e comercio.
Son o sector do 50%. A maioría das medidas son reducións nesa porcentaxe: 50% de aforo, 50% nas terrazas, 50% co comedor, mais non é o 50% nas cargas impositivas nin nos gastos para os empresarios.
A Mariña primeiro, agora Ourense e no camiño Lugo e Coruña foron testemuña das medidas restritivas para remediar a transmisión da COVID. Medidas que foron acertadas na súa aplicación e que xunto coa responsabilidade social de cada quen, foron dobregando a propagación. Á publicación no DOGA das medidas acompañouse sempre dunha exposición técnico política das autoridades sanitarias, sempre, das sanitarias. Desde a óptica da xestión científica e médica, porén a crise ten máis vertentes que non son atendidas nin resoltas nesta situación de repunta, ou segunda onda.
Boto en falta a comparecencia tamén das distintas administracións con competencias en traballo, economía e seguridade social. No tería máis lóxica que nestes peches selectivos de Concellos e comarcas no canto de reducir prazas e fomentar terrazas se fixese un peche total do 100% da hostalería e comercio? agás claro os esenciais. Acompañando aos peches de axudas e compensacións para os pequenos propietarios e autónomos, que supoñan unha balsa para evitar os gastos de actividade, que son os mesmos de antes, cando a capacidade de traballo é do 50%. A maiores seguro que é máis efectivo para evitar o contaxio.
Toca poñerse na pel de eses emprendedores dun negocio pequeno ou mesmo familiar que ten varios traballadores, as restricións obrigan a abrir, xa que non podes ir a un ERTE por días e manter aos traballadores, pagar taxas, pagar subminístroos e impostos para no mellor dos casos ter unha capacidade de recadación do 50% que sabemos que non é tal, xa que a situación non fomenta o consumo. Non sería mellor compensar os días ao persoal e as taxas á empresa e non abrir. Eu coido que si, e por iso penso que dende o goberno central tense que reformar o marco normativo para recoller esta “nova realidade” das relacións laborais e da xestión empresarial, que no caso de repunta non comprometa a viabilidade da hostalería e do comercio de barrio, ese que fai a identidade das nosas vilas e cidades.
Piñeiro Docampo
Sº XERAL DE CxG
MEMBRO DO CONSELLO DO PARTIDO DEMÓCRATA EUROPEO



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



