Alcoa decidiu despedir o venres 9-Ou a 524 dos traballadores adscritos á fábrica de aluminio primario de San Cibrao e comezar a hibernación das cubas de electrolise da fábrica, o que faría moi difícil a continuidade da factoría no próximo futuro. Velaí a necesidade e absoluta urxencia da súa intervención pública.
O profesor Carlos Aymerich (UDC), apréndenos a absoluta conformidade desta intervención pública co Dereito estatal, autonómico e europeo cando o requira o interese xeral. Sen dúbida, existe este interese xeral diante do peche da única fábrica de aluminio primario da península Ibérica que, ao tempo, é fulcral para á actividade económica e o emprego da Mariña. De se producir a intervención estatal, a Xunta tería dereito a partillar na administración da empresa pública, consonte co Estatuto de Galicia.
A intervención estatal podería desenvolverse a medio dun Decreto-Lei, por mor da extraordinaria urxencia do caso. Ese Decreto-Lei podería acordar a expropiación da fábrica, suxeita en calquera caso ao pagamento a Alcoa dun xusto prezo. Mais tanto a Xunta como o Goberno do Estado poden incorporar a fábrica ao patrimonio público, quer a medio dunha norma con rango de lei específica, quer acordando a urxente ocupación dos bens a expropiar consonte coa lexislación de expropiación forzosa.
É verdade que o Dereito da Unión Europea ten sido refractario á intervención pública de empresas para evitar as distorsións á libre concorrencia. Mais isto mudou de vez coas reformas normativas aprobadas pola Comisión Europea en abril e maio deste ano, que liberalizan a intervención pública para salvar empresas e recursos esenciais nesta distópica época que estamos a vivir. Estas reformas foron aproveitadas por Alemaña para intervir Lufthansa e por Italia para nacionalizar Alitalia,
A determinación do xusto prezo non sería eiva para a inmediata ocupación da fábrica e das súas instalacións, mais é evidente a dificultade de que o Estado e a Xunta (que poderían actuar a medio de cadansúas axencias como o SEPI e o IGAPE) desinvistan (probábelmente a prol da empresa angloindia Liberty) antes de saber canto ten que recebir Alcoa como xusto prezo. Éste non habería ser moi superior ao euro que xa a propia Alcoa recoñeceulle a Liberty como prezo de venda en troques de que o adquirente asumise as obrigas laborais, fiscais (incluída a responsabilidade por devolución de axudas públicas no caso de peche ou despedimentos) e ambientais da fábrica.
Expropiada a fábrica de aluminio, porén, ficaría unha cuestión esencial: garantirlle no tempo a subministración da alúmina que seguirá a fabricar Alcoa na factoría veciña. Mais, como ten sinalado o xornalista José Luis Gómez, a Xunta e o Goberno do Estado teñen dúas poderosas armas para condicionar a decisión de Alcoa: a súa responsabilidade ambiental pola perigosa e case chea balsa de lodos produto do refinamento da alúmina e a súa dependencia do porto e da estrada públicas que usa en exclusividade na súa rendíbel actividade de produción de alúmina.



















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



