Foz, 2 de xullo, 2021. Un dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel (ODS) da ONU é a regulación das axudas públicas para o sector pesqueiro, que forma parte dende hai anos das reunións da Organización Mundial do Comercio (OMC) e cuxas conclusións poderían ter un impacto importante na pesca galega. O obxectivo das xuntanzas en curso inclúe importantes cambios sobre as exencións fiscais aos combustíbeis, que quedarían eliminadas, baixo o argumento de moitas das partes que compoñen a OMC que defenden, sen entrar noutras consideracións, que son subsidios nocivos que fomentan a sobrepesca.
No Estado español, o prezo do combustíbel pesqueiro é de 45 céntimos o litro e, de aprobárense as medidas propostas, podería chegar a dobrar o seu prezo, un novo ataque ao sector sen ter en conta nin a súa importancia económica nin moito menos a súa implantación e importancia social en moitos territorios altamente dependentes del, como o galego e especialmente a Mariña.
Ao entender do BNG de Foz, Galiza e A Mariña non pode seguir permitíndose actuacións deste tipo que aboquen paulatinamente a unha das principais frotas da UE á súa desaparición e nunha comarca coma a nosa altamente dependente da pesca e con centos de embarcacións, polo que dende a Xunta de Galiza débese defender con firmeza a un sector que proporciona miles de postos de traballo directos e indirectos e que é sostíbel medioambientalmente. Coa proposta aprobada por unanimidade, o BNG de Foz trata de facer chegar a todas as institucións (Xunta e Ministerio) que as medidas que se pretenden non están a ter en conta as consecuencias económicas pero, sobre todo, sociais que traerían aparelladas, po lo que debería concordarse un plan de acción diante da UE e da OMC que teña como obxectivo a defensa clara dos intereses da frota pesqueira galega, neste caso no referido á posíbel eliminación das exencións fiscais aos combustíbeis. Asemade acordouse instar a poñer en marcha mecanismos de continxencia que palíen as consecuencias das previsíbeis medidas que se pretenden implantar e finalmente a que o goberno do Estado non afecte ao sector pesqueiro con medidas fiscais que teñan por obxecto incrementar o prezo do combustíbel destinado á actividade pesqueira.

























Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.



