Ribadeo, 5 de xullo de 2021. Varios centos de persoas secundaron en Ribadeo a concentración convocada ás oito da tarde en repulsa polo asasinato de Samuel Luiz, ocorrido na Coruña.
Ás portas do Concello foi desplegada a bandeira do arco da vella e tras ela, ademais de veciñas e veciños de Ribadeo, situáronse representantes dos partidos políticos con representación na Corporación Municipal (PP, PSOE e BNG) co alcalde, Fernando Suárez, á cabeza.
A concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, tomou a palabra e dixo que “con motivo da conmemoración do 28 de xuño, Día internacional do Orgullo LGTBI, a Concellaría de Igualdade desenvolveu unha serie de actos para evidenciar que Ribadeo é unha vila que acolle e respecta a todas as persoas. Aproveitaramos dita efeméride para sensibilizar e concienciar as novas xeracións dos valores LGTBI ( lésbico, gai, trans, intersexual, queer) mediante unha serie de actividades de carácter lúdico. A educación e a transmisión destes valores é esencial para que esta sociedade mude”.
A edil ribadense dixo: “e hoxe temos que concentrarnos para amosar a nosa máis enérxica repulsa cara o asasinato de Samuel. Matárono por ser como quería ser, como se sentía, porque cada quen debe vivir a súa identidade sexual desde a liberdade. A diversidade da sociedade é a nosa riqueza e non se entende ningún acto de violencia cara as persoas independentemente do seu sexo, raza, xénero e/ ou orientación sexual”.
Álvarez Lastra engadiu: “desde o Concello de Ribadeo seguiremos reivindicando e traballando para garantir a diversidade, a liberdade e a expresión de todas as persoas no que atinxe a súa orientación, identidade e sexualidade. Condenamos os ataques homofóbicos, a LGTBFobia e todas as violencias que atenten contra a dignidade e integridade das persoas. Son accións impropias dun Estado democrático. Porque queremos vivir nun Ribadeo de cores, Ribadeo diverso sen violencias onde cada quen sexa como queira ser!! Grazas a todes por vir e contamos con todes vós nesta loita! Avanti o movemento LGTBIQ +!!”.
Os asistentes gardaron un minuto de silencio por Samuel. O acto rematou cun extenso aplauso.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



