
el vicepresidente primero Alfonso Rueda y la conselleira do Mar, Rosa Quintana, presentan una campaña para impulsar el consumo de los productos del mar
Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2021. O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, presentaron hoxe unha nova campaña da Xunta para a promoción dos produtos do mar co obxectivo de impulsar o consumo de peixes e mariscos entre a cidadanía. Esta acción, denominada GALICIA SABE AMAR, incide na importancia de comer peixes e mariscos e na gran variedade de produtos da máxima calidade que o complexo mar-industria de Galicia pon a disposición dos consumidores.
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, destacou a capacidade do turismo para poñer en valor a calidade das materias primas da comunidade e incidiu en que a gastronomía é o segundo motivo, despois da natureza, polo que os turistas escollen Galicia. Por iso, salientou o potencial da enogastronomía para diversificar e desestacionalizar a oferta turística e contribuír a reforzar a mensaxe de Galicia como destino seguro, de calidade e sostible aproveitando a oportunidade que ofrece o mar tanto para facer turismo neste Xacobeo 21-22 a través da peregrinación por mar ou das distintas experiencias do turismo mariñeiro como para degustar os seus produtos.
A titular de Mar subliñou que este tipo de accións son máis importantes ca nunca en plena alerta sanitaria polo coronavirus, durante a que o sector viu como aumentaba a demanda de produtos do mar por parte dos fogares ao tempo que caía na hostalería e restauración -a canle Horeca- como consecuencia das distintas restricións aprobadas para frear a expansión da pandemia. Nesta liña, indicou que aínda que os índices de consumo de peixe por parte das familias galegas son bos en relación con outras comunidades, hai moita marxe de mellora neste eido.
Esta nova campaña, que dá continuidade a O noso mar, marca e O mar que nos move, está pensada e deseñada para chegar ao conxunto da cidadanía a través dos medios de comunicación convencionais e tamén das redes sociais. O obxectivo é incidir na importancia de consumir produtos do mar para ter unha alimentación saudable así como que mercar peixes e mariscos é unha decisión intelixente e algo que forma parte da identidade dos galegos.
A conselleira do Mar tamén destacou que esta acción pretende enxalzar a pesca como unha actividade sostible así como o importante labor que realizan os profesionais do mar para poñer os numerosos manxares que ofrece o medio mariño nas mesas de todos os galegos. Unha estratexia que enlaza coa campaña Merca produto fresco do mar. Estamos no mesmo barco, posta en marcha en 2020 e que animaba á sociedade a adquirir produtos pesqueiros para agradecer o esforzo do sector extractivo durante a crise do coronavirus.
Rosa Quintana asegurou que é vital que as administracións públicas fomenten o consumo de peixe e potencien a súa compra por parte da cidadanía pois terá beneficios tanto para o conxunto da economía como para a sociedade, mellorando a saúde dos consumidores. Nesta liña, subliñou que os produtos do mar son unha aposta segura e uns alimentos fundamentais para levar unha dieta saudable e equilibrada.
A campaña
GALICIA SABE AMAR pon o acento de maneira fresca e atractiva sobre a calidade e grande variedade de produtos do mar cos que conta Galicia, uns produtos moi desexados e que namoran aos consumidores. Neste sentido, enxalza a diversidade de produtos, formatos e posibilidades que ofrecen os peixes e mariscos da comunidade permitindo a elaboración de pratos da máxima calidade tanto nos fogares como nos restaurantes máis selectos.
Baixo esta acción global atópanse outras iniciativas de promoción máis específicas impulsadas pola Consellería do Mar como Fai click ao teu bocata ou Ti si que es un bo peixe -substitutas de O sabor da aventura está no mar e Ponlle as pilas ao teu bocata- dirixidas á poboación infantil e que xa chegaron a máis de 150.000 nenas e nenos galegos, ou Vai de peixe, deseñada para impulsar o consumo de produtos do mar entre os millennials e centrada principalmente nas redes sociais. A elas engádense outras como a marca de calidade pescadeRías, de onde se non? ou campañas puntuais para promocionar produtos de mar de tempada como o bonito do norte.
O acto de presentación de GALICIA, SABE AMAR contou coa participación dos responsables do deseño da campaña e estivo conducido polo actor e humorista galego David Amor. Ao evento acudiron distintos representantes do sector pesqueiro e marisqueiro, da industria de transformación de produtos do mar e das principais empresas de distribución alimentaria da comunidade.




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



