Ribadeo, 7 de agosto de 2021. Acisa anima a mercar en Ribadeo durante o presente mes de agosto na campaña deste verán de 2021. A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos quere que “a xente nos siga visitando, porque seguimos a ser un lugar seguro. Queremos que a xente veña, que merque, que saboree a exquisita gastronomía desta zona, que pasee e que coñeza o noso comercio, que é un referente en toda a contorna e queremos que se mergullan no patrimonio histórico, cultural e natural do noso concello, que ten costa e interior, que ten mar e montaña, que ten ría, natureza…”, explicou o presidente de Acisa, Francisco Iriarte, que presentou a campaña xunto ao xerente da asociación, Jesús Pérez.
Ambos insistiron en que “Ribadeo é un importante destino de compras e de ocio” e en que “somos un grande centro comercial ao aire libre, o centro comercial coas mellores vistas. Queremos que todos os visitantes coñezan os nosos potenciais comerciais e turísticos, iso si con prudencia e cumprindo coa normativa en vigor en cada momento”.
Iriarte Quintana fixo tamén unha valoración da situación actual de Ribadeo: “dende Acisa Ribadeo queremos destacar que a nosa localidade vai pasiño a pasiño, agora estamos nunha situación epidemiolóxica mellor. En Ribadeo os casos positivos están baixando e todo parece indicar nos atopamos nunha situación mellor que a de hai unha semana. Estamos tamén mellor que outras zonas da comarca, que por desgraza están sendo golpeadas con mais foza nesta quinta baga. Por iso, aínda que mantendo a prudencia e a responsabilidade, dicímoslle á xente que Ribadeo sigue sendo un lugar seguro para desfrutar e para visitar”.
Pola súa banda o xerente de Acisa, Jesús Pérez, sinalou: “queremos seguir facendo un chamamento á Xunta de Galicia para que teña en conta o dano económico que está a ocasionar esta situación. Estamos a falar con moitos hostaleiros do noso municipio, é certo que Ribadeo ten unhas boas cifras turísticas, pero ollo porque iso non quer dicir que teñamos unhas boas cifras de consumo, nin en comercio nin especialmente en hostalería. Seguimos denunciando os problemas que lles están a ocasionar aos hostaleiros estas medias restritivas, perdendo moitos clientes e tendo que sufrir agresións verbais, criticas en webs turísticas… por culpa dunhas normas aleatorias, no sentido de que nuns concellos aplícanse e noutros non. No noso caso con maior gravidade, xa que os propios hostaleiros estannos a dicir de moitos clientes que se despiden deles e dinlles que se van para outros sitios nos que non se pide ningún certificado”.
Pérez Prada sinalou: “gustaríame acabar mostrando o apoio publico da asociación aos negocios que cumpren coa normativa, que a pesar de non seren policías paréceno e están a sufrir insultos, vexacións … por cumprir o que a lei di. E gustaríame por tanto tamén pedirlle paciencia, sentidiño e educación aos veciños e veciñas de Ribadeo e especialmente aos visitantes, xa que o único que están a facer os donos ou empregados dos negocios é cumprir coa lei. Ademais cando un sae de viaxe, en plena pandemia, debe informarse ben de todas as normativas en vigor en cada momento”.
Desde Acisa presidente e xerente fan unha chamada de atención: “pedímoslles a todos os negocios que cumpran coas normativas en vigor en cada momento, xa que de non ser así poden ser obxecto de importantes sancións. Temos que destacar que os socios de Acisa cumpren escrupulosamente coas normas, quizais porque as coñecen á perfección grazas ao noso asesoramento ou simplemente por responsabilidade. E polo tanto facemos un chamamento para que as forzas e corpos de seguridade de Ribadeo, vixíen con maior atención a aqueles establecementos que se ve claramente que non cumpren coas normativas marcadas polo nivel alto de restricións no que nos atopamos. É polo ben de todas e todos”.
E lembraron que “as normas non as pon Acisa Ribadeo. A xestión da pandemia en Galicia así como as normativas que se aplican sobre a hostalería e o comercio son competencia da Xunta e non das asociacións empresariais”.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.


