Ribadeo, 29 de setembro de 2021. O salón de plenos do Concello acolleu o acto de firma dos convenios das subvencións nominativas concedidas a 12 asociacións educativas e culturais de Ribadeo neste ano 2021. O montante ascende a máis de 28.000 euros. Asistiron o alcalde, Fernando Suárez, e a concelleira de Cultura, Pilar Otero.
O rexedor subliñou que “son en total uns 28.650 euros de diñeiro público que o damos gustosamente porque as actividades que facedes nos eidos cultural e educativo parécennos moi importantes. Por iso o consignamos en cada orzamento no apartado de gastos porque nos parece un investimento: investir en cultura e educación é sempre un investimento, non un gasto”.
A edil de Cultura dixo que “desde Cultura sempre apoiamos calquera acción que nos propoñades, tamén a nivel económico. O apoio loxístico tamén son cartos porque hai persoas que están aí traballando e teñen as súas horas, que hai que pagarlles, ademais de espazos e incluso apoio económico para outras actividades que ás veces desenvolvedes fóra da subvención. Entón sempre que queirades sabedes que tedes as portas abertas e sempre que poidamos habemos axudarvos”.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



