A Mariña, martes 25 xaneiro 2022. Despois de reunirse a semana pasada con traballadoras e traballadores dos centros de saúde e coa Plataformama Sanitaria en Defensa da Sanidade Pública da Mariña @s deputad@s Daniel Castro e Montse Prado constataron o paulatino e continuado desmantelamento ao que as políticas sanitarias do PP están sometendo á sanidade pública na última década na comarca, coa supresión da Área Sanitaria da Mariña por medio, véndose agravado agora este desmantelamento coas sucesivas ondas da pandemia sen que desde o Sergas nin desde a Xunta se poña remedio á actual caótica situación, que xa sobrepasa todos os límites en concellos coma Viveiro, o de mais poboación da Mariña. A falta de profesionais repítese tamén noutros concellos e centros de saúde da comarca coma San Cibrao, Foz, Burela (donde se suprimíu a quenda de tarde) Ribadeo…O servizo de HADO e paliativos presencial está baixo mínimos, tendo que asumir eses servizos a atención primaria ao elimináreno en dez dos catorce concellos nos que se prestaba. Outro dos problemas é a atención telefónica que se encontra sobresaturada, e que en concellos pequenos e con poboación avellentada fan moi difícil concertar unha cita para consulta debidamente.
O deputado mariñao Daniel Castro afirma tamén que “no Hospital de Burela, no que aumentan os metros cadrados e diminúen os servizos, segue a incrementarse día a día as derivacións ao HULA, polo que as mariñás e mariñaos ven reducidos progresivamente os servizos que teñen dereito a ter”
Ante esta situación o deputado nacionalista presenta unha iniciativa instando á Xunta de Galiza a:
1- Facer os trámites necesarios para cubrir do xeito máis urxente todas as baixas e vacacións da Atención Primaria da comarca da Mariña.
2- Recuperar a asistencia presencial a domicilio de paliativos en todos os concellos do Distrito Sanitario.
3- Reducir de xeito drástico as derivacións ao HULA nos casos nos que haxa a posibilidade de tratar aos e ás doentes no Hospital de Burela

























Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.



