Mondoñedo, 16 de febreiro, 2022. A xerente da sociedade estatal “Suelo Empresarial del Atlántico”, dependente do Ministerio de Transportes a través de Sepes e xestora de 13 polígonos industriais en Galicia, reuniuse este mércores en Mondoñedo coa tenente de alcaldesa, Elena Candia, para expoñerlle as novas propostas para dinamizar e impulsar un polígono empresarial con moi boas opcións de crecemento.
En concreto, Beatriz Sestayo avanzou a Elena Candia a vontade de SEA e de Sepes de estudar novas fórmulas para atraer a empresas ao polígono de Mondoñedo. A xerente de “SEA” e a tenente de alcaldesa coincidiron, ademais, en valorar distintas fórmulas, que serán estudadas de forma conxunta, coas que poder poñer en valor esta área industrial.
Na actualidade, lembrou, Mondoñedo é un dos polígonos de SEA no que se ofrece chan baixo o réxime de Dereito de Superficie, un sistema similar ao alugueiro con opción a compra, que permite ás empresas instalarse por menos de 80 euros ao mes (ao redor de 800 euros anuais) durante as primeiras anualidades.
O custo das parcelas elévase levemente durante os seguintes anos, pero os adxudicatarios poderán seguir neste sistema ata 30 anos ou ben optar a comprar a parcela. No prezo de venda descóntase parcialmente a cantidade achegada durante os anos anteriores.
Na actualidade, SEA oferta seis parcelas en dereito de superficie, desde os 959’9 metros cadrados ata os 1.441’72, cun canon basee o primeiro e o segundo ano desde 791’92 ata 1.382 euros anuais.
No polígono de Mondoñedo instalouse recentemente unha nova empresa, vinculada á produción de formigón, que se suma aos talleres que xa operaban previamente.
A área industrial ten unha localización idónea, destacou Beatriz Sestayo, para sectores vinculados á agricultura, ao sector forestal ou industrial, e dispón de todos os servizos necesarios, como redes eléctricas e saneamento, para que as distintas empresas poidan iniciar a súa actividade.
Beatriz Sestayo valorou positivamente a colaboración do Concello e coincidiu con Elena Candia na importancia da colaboración institucional. Sestayo quixo tamén poñer en valor as fórmulas impulsadas polo Concello para revitalizar o polígono.
Esta área industrial conta cunha superficie bruta de 70.000 metros cadrados, dos que 39.566 son netos de uso mixto (industrial ou terciario), de fácil acceso cara ao norte de Lugo e os portos da provincia da Coruña, e con aeroportos próximos, como o de Asturias ou o de Alvedro.
“Suelo Empresarial del Atlántico”, S.L. é unha Sociedade Mercantil Estatal, participada, maioritariamente, cun 83,44 %, polo Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana do Goberno de España, a través de Sepes, Entidade Estatal de Chan.
No accionariado tamén se integran a Xunta de Galicia, cun 14,91% e ABANCA, como posuidora dun 1,65%.


























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



