Desculpará o noso Suso de Toro (Nunca Máis; Galicia á intemperie, 2003) que adopte o seu título para reflectirmos que nin o Goberno do Estado nin o galego existiran esta semana que rematamos, desque no luns 14-M principiara o paro dos transportistas.
Na nosa Galicia a dependencia do transporte de mercadorías por estrada é ben superior ca no resto do Estado e da Europa, polas graves limitacións do transporte ferroviario. Por outra banda, na Galicia a principal organización recoñecida de empresarios do sector (APETAMCOR-FEGATRANS; por certo nas antípodas da extrema dereita que o Goberno do Estado di que fomenta estas accións) está a apoiar esta folga, que tamén apoian no resto do Estado a maioría dos autónomos e pemes, mentres a organización patronal recoñecida, alicerzada nun conxunto de grandes operadores loxístícos que lle contratan o traballo ás pequenas empresas e autónomos que distribuén as mercadorías, a rexeita. Deste xeito, han traballar a perdas, pois que o prezo do gasóleo medrou nun 52% dende marzo de 2021.
Diante desta gravísima situación, o Goberno do Estado ficou preso do discurso da patronal dos grandes operadores loxísticos, negando a representatividade das organziacións convocantes.. E prometendo medidas cara o 29-30 deste mes, cando éstas son inaprazábeis e xa foron adoptadas polos Gobernos portugués (devolverá o exceso de recadación fiscal polo incremento de prezos) e francés (subvencionará con 0.,15 cts por litro de gasóleo).
O Goberno do Estado trabucouse e ten de negociar axiña cos operadores do sector que amosaron ter a forza representativa, para adoptar esas medidas que non poden ser só fiscais, pois que teñen que it ao cerne e prohibir traballar a perdas, como lle obrigan as industrias lácteas producir ao sector leiteiro galego.
E que fixo o Presidente da Xunta mentres? Campaña política cos afiliados do PP polo Estado español adiante, sen atender esta punxente realidade. E sen que a Xunta negociase tampouco coas organizacións galegas convocantes, que aquí si están recoñecidas como máis representativas. Semella que tampouco coñecía quen de verdade representa ao sector, malia ter as competencias executivas e de xestión.
Nesta enésima edición de Galicia á intemperie soubemos, porén, de moi responsábeis actuacións da sociedade civil, como a que o mécores 16.M permitiu, pola mediación da organización agraria Agromuralla que os transportistas fornecesen as granxas con penso retido no peirao coruñés. Porque na Galicia estamos afeitos a autoxestionarmos as cuestións que desatenden uns Gobernos insensíbeis cos consumidores e pemes na esixencia normativa e pouco atentos aos seus problemas..






O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



