Santiago de Compostela, 22 de abril de 2022. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, mantivo hoxe un encontro con representantes da Confederación Mar-Industria Alimentaria de Galicia no que analizou a situación do sector ante as decisións que está a adoptar Costas do Estado en relación coas instalacións asentadas no litoral e que poñen en risco o futuro de moitas empresas. As partes mostraron a súa preocupación polo último informe emitido polo Goberno central neste sentido -sobre o plan especial de Cambados- que cuestiona a presenza en terreos portuarios de actividades tradicionalmente permitidas como a acuicultura ou a depuración de produtos do mar así como doutras edificacións como prazas de abastos, centros de saúde ou colexios.
A titular de Mar denunciou que este informe semella un novo ataque ao complexo mar-industria de Galicia pois parece invadir competencias da comunidade, algo que cualificou de totalmente inaceptable e desleal. A representante da Xunta incidiu en que as decisións adoptadas polo Executivo do Estado xeran inseguridade xurídica no sector dado que fan unha interpretación restritiva da normativa vixente sobre as zonas portuarias malia que non houbo ningún cambio normativo nos últimos anos. Ademais pretende aplicar a Lei de Costas nos peiraos autonómicos, o que suporía invadir competencias ao interferir na xestión e explotación dos servizos portuarios, algo de competencia exclusiva da comunidade autónoma.
“A Galicia correspóndelle a utilización, explotación e xestión do dominio público nos peiraos autonómicos, tal como establecen a Constitución, o real decreto de transferencias do ano 1982 e a Lei de Portos de Galicia, e este informe parece querer usurpar esas competencias”, aseverou a conselleira do Mar. O proceder do Estado neste caso, incidiu, é semellante ao mostrado hai unhas semanas cun informe sobre a instalación dunha planta de cría de salmón en Burela, no que rexeitaba a súa autorización arrogándose competencias que non son súas.
A representante do Executivo galego -que estivo acompañada polas secretarias xerais técnicas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Carmen Bouso, e do Mar, Silvia Cortiñas, así como pola presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas- lamentou que a actuación do Goberno do Estado neste caso vai na liña do ataque continuado e inxustificado iniciado hai varios anos polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico contra Galicia e o seu complexo mar-industria.
Neste sentido, a titular de Mar alertou aos representantes do sector de que semella que Costas do Estado avanza na súa intención de retirar do litoral boa parte das edificacións asentadas nel, xa non só no dominio público marítimo-terrestre natural senón tamén no portuario.
En risco
Rosa Quintana lembrou que a comunidade leva máis de tres anos denunciando que os plans do Executivo central -con estas interpretacións restritivas e exaxeradas da normativa, coa nova Lei de Cambio Climático e coa modificación do regulamento xeral de Costas- poñen en risco máis dun cento de empresas asentadas na liña de costa e outras 4.000 edificacións entre as que se inclúen centros de saúde ou colexios.
Por iso, a conselleira trasladoulle á Confederación Mar-Industria Alimentaria o seu compromiso de seguir defendendo os intereses do sector e do conxunto de Galicia ante todas as instancias. Nesta liña, recordou que a Xunta xa recorreu ante o Tribunal Constitucional a Lei de Cambio Climático -unha vez que fracasou a Comisión Bilateral co Estado-, unha norma que o Goberno central se viu obrigado a modificar antes da súa aprobación definitiva como consecuencia dun informe do Consello Consultivo de Galicia que concluía que algún dos seus artigos era inconstitucional.
A representante do Executivo galego destacou que este asunto é vital para a comunidade pois está en perigo o futuro de instalacións do sector marítimo-pesqueiro fundamentais para a economía galega e tamén outras edificacións sociais vitais para o conxunto da cidadanía.























Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.



