Rouco explica que “os informes previos emitidos polo Ministerio, que invade competencias autonómicas, imposibilitan que a empresa de salmón se implante no porto”
Burela, 2 de xuño de 2022. O Grupo Municipal Popular de Burela presentará no pleno dúas mocións “para defender os intereses da nosa vila”. O voceiro, Manuel Rouco, explica que a primeira delas se relaciona coas “xustas e lícitas reclamacións que nos seu día nos trasladou a ACIA e que xa temos defendido en múltiples ocasións no pleno coa frontal oposición do goberno e o BNG”.
“É o caso do estudio dunha posible nova localización do mercado semanal dos venres para tratar de reverter o fiasco que supuxo para a dinámica social e económica que supuxo por parte do goberno do señor Llano o seu traslado cara a zona de Torrentes, a pesar das múltiples advertencias que recibiron por parte do Grupo Municipal Popular”. Así mesmo, o voceiro popular sinala “a baixada das taxas” tantas veces defendida pola formación popular como un mecanismo para revitalizar a actividade económica e que non foi apoiada no pasado nin polo goberno de Llano nin polo BNG do señor Pillado culminando o despropósito coa subida das taxas na última ordenanza aprobada polo alcalde”. Sobre a limpeza das rúas e beirarrúas, Rouco manifesta que “o incremento salvaxe do custo do contrato da recollida do lixo e limpeza viaria foi totalmente inxustificado porque non se reflicte esa subida na mellora do servizo”.
Por outra banda, os populares explican que levan ao pleno deste xoves outra moción para instar ao Goberno a modificar a Ley de Costas que está a lastrar o futuro inmediato da nosa vila ao imposibilitar a execución da empresa de salmón que se quere implantar no porto; xa que os informes previos emitidos dende o Ministerio invaden as competencias autonómicas nesta materia.
Deste xeito, “o Grupo Municipal Popular volve a ser a única formación que leva iniciativas ao pleno da corporación para ser alternativa ao inexistente proxecto que ten o equipo de goberno do señor Llano para Burela”.





















O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



