Ribadeo, 29 de xuño de 2022. Este xoves, 30 de xuño, ás 19.00 horas no Espazo Apego da Casa de Cultura, de Ribadeo, terá lugar a presentación pública da Estratexia Alimentaria Eo Alimenta e do Festival da Alimentación Sustentable do Eo.
En dita presentación participarán persoas representantes dos diferentes axentes que impulsan o proxecto Eo Alimenta: persoas produtoras, concellos, persoas consumidoras, grupos de desenvolvemento rural, universidade e sindicatos agrarios.
Pola súa banda, tamén asistirán representantes do Concello de Ribadeo e da Deputación de Lugo, organismo que financia o Festival da Alimentación Sustentable do Eo, que se celebrará os días 23 e 24 de setembro en diferentes espazos da vila de Ribadeo. “Dous días que aunarán ocio e concienciación en torno á alimentación de proximidade e agroecolóxica, a través de diferentes actividades e propostas (concertos, obradoiros, performance, catas, feira, etc.) que darán respostas aos principais retos que afrontamos na actualidade en relación ao modelo de produción, distribución e consumo de alimentos”, explican desde Eo Alimenta.
A Estratexia Alimentaria Eo Alimenta, que será presentada ese día, elaborouse participativamente durante a primeira fase do proxecto, e consiste nun documento con 11 medidas e 33 accións para impulsar o consumo de proximidade, a produción agroecolóxica e a sensibilización en1 torno á importancia dun modelo de alimentación de proximidade para a nosa saúde.
Eo Alimenta comeza agora a súa fase de implementación, nun contexto sociopolítico que pon de manifesto a necesidade de avanzar cara modelos de produción, distribución e consumo de proximidade que poidan resistir a inestabilidade da economía global.


























Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.



