O Consello da Xunta vén de autorizar o acordo polo que se levarán a cabo as obras de rehabilitación do complexo deportivo da Veiga para convertelo nun centro de referencia deportiva na contorna da Mariña Lucense
Santiago, 9 de xullo de 2022. O Consello da Xunta vén de aprobar o convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Cervo, para a renovación das pistas de atletismo das instalacións deportivas da Veiga cun investimento total de 560.000 euros. Neste sentido e a tenor do acordo autorizado, a Secretaría Xeral para o Deporte achegará o 62,5% da totalidade do importe (350.000 euros), mentres que o Concello de Cervo achegará o restante 37,5% (210.000,00 euros). Cómpre salientar que grazas a esta actuación Galicia contará coa primeira pista de atletismo homologada da comarca da Mariña.
As obras contarán con tres vías de actuación que serán as obras de renovación completa da pavimentación da pista con material sintético homologado prefabricado para exteriores, a mellora da rede de saneamento e a evacuación de augas e a instalación de salto de pértega, carreiras de obstáculos, salto de altura, salto de lonxitude e triplo salto e lanzamento de peso.
As instalacións deportivas da Veiga, ademais das nomeadas pistas, contan cun pavillón polideportivo e destacan pola idoneidade da súa localización xa que non dista máis de 20 minutos da metade da poboación de toda a Mariña, que suma, no seu total 70.000 habitantes.
Nesta nova infraestrutura teñen moito que ver os recentes éxitos do atleta viveirense Adrián Ben, que acadou un diploma olímpico nos 800 metros dos pasados Xogos de Toquio, onde rematou en quinta posición. Ademais, a Xunta de Galicia continua coa súa aposta decidida pola renovación do mapa de infraestruturas de atletismo de Galicia na que destaca a renovación da pista de atletismo da USC (Santiago); a licitación do módulo cuberto de atletismo en Ribeira (A Coruña); o compromiso da nova pista da Estrada (Pontevedra); e a adxudicación do módulo cuberto do IFEVI en Vigo e a participación na renovación das pistas de Balaídos.
























A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



