Ribadeo, 11 de agosto, 2022. Este xoves a Comisión de festas de Ribadeo presentou o programa para as festas de San Roque e Santa María do Campo, así como o cartel desta última. Os festexos inclúen unha oferta de ocio variada para novos e non tan novos. A segunda quincena de Agosto comezará cas festas de San Roque cunha mexillonada para abrir boca o luns 15. O martes 16 comezará coa saída dos Cocos e cabezudos e conta coa recuperación da sesión vermú e unha tarde e noite de música con artistas ribadenses como Río&Daiv ou o dj Litainer, xogos populares e verbena. O mes seguirá cos Dj´s no Camiño o venres 19 de Agosto frente ao Concello de Ribadeo para continuar cun mercado medieval do 25 ao 28 de Agosto no Parque. O broche de Agosto será o clásico Guateque o sábado 27 a partir das 20:30.
A semana da patroa comezará o venres 2 de Setembro co pregón no teatro a cargo de Iván Lindín, ribadense e deportista paralímpico campión de España de tiro en varias categorías. Esa noite haberá un concerto de Baiuca no Cantón para abrir as festas no apartado musical. O sábado actuará La Penúltima Sabinera para os amantes da lenda da música. O domingo haberá unha sesión vermú móbil cos Festicultores pola zona das Catro Calles e o luns 6 será o tradicional Día dos Nenos con programación infantil. Os días grandes de verbena serán o martes 6 co Grupo Beatriz e Tekila. O mércores 7 sairán os cocos e cabezudos e a noite actuarán Alkar e o Combo Dominicano.
Como novidade, a Comisión anunciou que este ano os fogos artificiais volverán ao seu emprazamento histórico; a praza do campo. As 00:00 haberá unha proxección sobre a fachada do Pazo de Ibáñez, unha das grandes sorpresas deste ano, e a continuación comezarán os fogos. O día 8 a verbena contará con Charleston e Disco Móvil Decibelios. Ademais dos nomes que se foron decindo, durante toda a semana das festas haberá actuacións da batucada a Choca, pasarrúas de grupos tradicionais de gaitas como Illa Pancha ou Os Recuncheiros e concertos en diferentes ubicacións así como todos os actos e misas solemnes, procesións e concertos da Banda Municipal de Ribadeo. A Comisión tamén nos falou dalgunha posible sorpresa de última hora. Non quixeron perder a oportunidade de agradecer de novo a axuda e apoio das institucións como a Xunta e o Concello de Ribadeo e de todas as persoas anónimas que están facendo posible a realización das festas. “ Despois de case un ano de traballo comezan a verse os resultados. Desexamos que o programa sexa do agrado do maior número de persoas porque para eles está feito.” Declarou o presidente da Comisión, Martín Graña.




















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



