Neste mes de novembro desenvolverase un amplo programa de actividades para traballar na promoción e divulgación do coñecemento e os valores do mar e dos ríos
Viveiro, 10 de novembro. O Concello de Viveiro pon en marcha un ano máis Vivemar, a iniciativa pola cultura marítima e fluvial de Viveiro que durante este mes de novembro traballa na promoción e divulgación do coñecemento e os valores do mar e dos ríos.
“Queremos facer de novembro o mes do mar en Viveiro, tendo como base principal o obxectivo de continuar transmitindo a cultura marítima e fluvial aos nenos e nenas e de aí a necesidade de facer un encontro educativo”, suliñou María Loureiro, alcaldesa de Viveiro no acto de presentación.
Este proxecto, promovido no 2018 polo Concello de Viveiro, pasa neste 2022 a ser producido por Asociación Prato-Do e Lobisome Producións, e contarán coa colaboración da Deputación de Lugo, Puerto de Celeiro, Viveiro CCH, Africa Copias, Viveiro Cines by Proyecfilm, Educación Azul, La España Azul e o propio Concello.
As VI Xornadas de Historia e Arqueoloxía Marítima que entre mañá venres e o domingo reunirán no Salón de actos do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro a expertos e estudosos da materia, servirá como punto de saída a unha axenda chea de iniciativas e de propostas.
A programación terá continuidade o venres 18 coa presentación do libro ‘Mar gremial das rías de Viveiro e do Barqueiro’ de Vicente Míguez, a partir das 20:30 horas, mentras que ás 22:00 emitirase o documental ‘Paco Alonso. O mal nos ollos’ nos Cines Viveiro.
Para o sábado 19, ás 11:00 horas, resérvase o encontro ‘Cultura Marítima: elaboración do catálogo de recursos na Mariña de Lugo’ baixo a moderación de Dane García, e xa ás 12:00 horas a mesa redonda ‘Conversa entre Artes: Que foi e pode ser da pesca en Viveiro?’ coordenada por Anxo Rodríguez, director do programa da TVG ‘Vivir o Mar’.
Ás 12:50 horas, a Sala Multiusos do Concello de Viveiro acolle a presentación da revista ‘Nova Ardentia’ con Emilio Insua, Antón Mascato e Dane García.
Será o domingo día 20 cando se leve a cavo un roteiro guiado polo patrimonio marítimo de Viveiro que sairá de Os Castelos de Covas con chegada a Celeiro.
As citas deste Vivemar 2022 continuarán o venres 25 cun encontro educativo e a limpeza colectiva cos proxectos nacionais ‘Educación Azul’ e ‘La España Azul’, seguido ás 18:00 horas da iniciativa ‘Historias románticas do mar’ de Suso Martínez.
O domingo 27, ás 12:30 horas, será de novo momento para as presentacións, neste caso do libro ‘Tarrafas, Un Arte’ de Andrés Díaz Ferro, un acto moderado por Jesús Fernández, tenente de alcalde e concelleiro do mar do Concello de Viveiro.
Será ás 13:30 horas cando teña lugar o acto de clausura ‘Vivemar: vide cantar’ da man de Catro Vellos Mariñeiros na Praza Maior.
Imprescindibles tamén os escaparates da cultura marítima e fluvial na Libraría África Copias.










O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



