Ribadeo, 11 de novembro de 2022. A Aula ceMIT de Ribadeo acollerá neste mes de novembro actividades formativas sobre seguridade dixital, prevención de estafas en Internet e operacións dixitais cos bancos.
O concelleiro de Novas Tecnoloxías, David Rivas Peña, explica: “no Concello de Ribadeo, como administración máis próxima ás persoas, somos conscientes do proceso de dixitalización que está a ter lugar na nosa sociedade e tamén dos temores e das reservas que poden suscitar levar a cabo certas operacións na Internet, sobre todo no que toca a comercio on line e a operacións bancarias.
Por isto neste mes de novembro imos dedicar tres xornadas na Aula ceMIT, coa colaboración da Xunta de Galicia e da Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors, para abordar estes temas: a primeira delas sobre seguridade dixital, o 14 de novembro; outra, sobre prevención de estafas on line, o día 17; e unha derradeira, sobre operacións dixitais con entidades bancarias, dende caixeiros automáticos, pasando por banca telefónica e tamén banca on line”.
David Rivas engade que “fundamentalmente o que se pretende é desestigmatizar unhas prácticas cada vez non só máis habituais senón en moitos casos necesarias e que as persoas poidamos abordalas cunhas certas garantías”.
O vindeiro luns, 14 de novembro, terá lugar o curso sobre seguridade dixital, no que se abordará “a preparación do entorno dixital nos nosos equipos para realizar operacións cas nosas entidades bancarias. Falarase sobre as pautas xerais de seguridade nos ordenadores que traballen con Windows e en dispositivos móbiles que se basean en Android”, explican desde a Aula ceMIT. Será de 10:30 a 11:30 horas.
O día 17, xoves, haberá una charla dirixida a persoas maiores sobre como protexerse das estafas en Internet. “Farase un repaso polos mecanismos de desinformación aos que nos vemos sometidos cada día dende a análise dun caso real. Repasaremos as estafas en Internet máis habituais e os principais mecanismos para previlas”. Será en horario de 10:00 a 11:30.
Para o 24 de novembro está programado un seminario sobre como operar dixitalmente cos bancos, no que “percorreremos os puntos clave de todos os canles electrónicos da banca, dende os caixeiros automáticos ata as apps, banca telefónica e os medios de pago on line”. Será de 12:00 a 13:00 horas.
Todas estas actividades son de balde. A reserva de prazas pode facerse enviando un correo electrónico a cemit.ribadeo@xunta.gal ou a través da web do ceMIT: https://aulacemit.ribadeo.org























A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



