O deputado no Congreso Néstor Rego intervíu no acto no que tamén estiveron Ana Ermida e Mario Pillado
A Mariña, sábado 3 de decembro 2022. Na tarde de onte o BNG presentou en Burela nun acto informativo na Praza de Abastos as alternativas e medidas fronte á crise de prezos que dana gravemente á sociedade galega e ás economías familiares, e moi especialmente á comarca da Mariña que leva sufrindo nos últimos anos un proceso de desmantelamento industrial sen que os gobernos da Xunta e do Estado adoptaran medidas para frealo.
No acto interviron o portavoz municipal do BNG en Burela Mario Pillado, Ana Ermida, membro da executiva comarcal e alcaldesa de Barreiros e Néstor Rego, deputado no Congreso.
Rego manifestou que “desde o Bng estamos a promover alternativas serias, solventes e viables para todos os principais ámbitos en que se está a manifestar a actual crise en temas coma a vivenda, a enerxía, as hipotecas bancarias, o prezo dos alimentos….e todo eso acentuado na comarca da Mariña donde a situación a nivel de emprego e industria é crítica agravada ainda mais cos problemas na pesca”
Que pague máis quen máis tén, tarifa eléctrica galega, control dos prezos dos combustibles e dos alimentos básicos
Néstor Rego explicou estas alternativas que se concretan no seguinte: incrementar a presión fiscal sobre as grandes empresas e patrimonios para que pague mais quen máis tén, rescatar ás persoas incrementando as contías das principais prestacións sociais, limitación do prezo dos alugueres e das hipotecas en vivenda habitual e locais comerciais, control dos prezos dos carburantes e dos alimentos básicos, intervención pública no mercado eléctrico para controlar os prezos, creación dunha tarifa eléctrica galega……entre outras medidas.
Desde o BNG animan tamén a participar na manifestación nacional do domingo 18 de decembro en Santiago contra a crise de prezos, con saída desde a Alameda ás 12:00. e para a que ponen autobuses de balde a disposición da cidadanía para asistir desde A Mariña anotándose no tfno. 982 140 654 ou no correo amarinha@bng.gal





















Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



