Ribadeo, 8 de febreiro de 2023. O Concello de Ribadeo ven de licitar as obras de mellora da rúa Rodríguez Murias, en Rinlo. O investimento ascende a case 50.000 euros e o prazo de execución será de dous meses, segundo anunciou o concelleiro de Economía, Pablo Visoso.
O edil ribadense dixo que “desde o Concello de Ribadeo continuamos nestes días traballando intensamente para seguir mellorando a nosa Vila e tamén as nosas parroquias. E hoxe, temos que falar do núcleo de Rinlo onde se executarán nas vindeiras semanas unhas as obras de mellora da rúa Rodríguez Murias, que precisamente se acaban de licitar”.
Vizoso Galdo sinalou que “mentres outros grupos políticos non teñen outro cometido mais que faltar á verdade, tratando de enganar á veciñanza, pola nosa parte como goberno e con responsabilidade seguimos a facer o que levamos facendo todo este mandato, que non é outra cousa que traballar para mellorar Ribadeo, xestionando os recursos públicos da mellor maneira e dun xeito honesto e eficienteco obxectivo de transformar o noso concello”.
O concelleiro de Economía indicou que “neste caso, trátase dunha actuación nunha parte do núcleo de Rinlo que se atopaba moi deteriorada, onde houbo moitas avarías e fugas na rede de auga e de servizos, e esta é esta unha das causas de que aparezan as numerosas fochancas que existen”.
Pablo Vizoso subliñou que “despois de semanas de traballo neste proxecto, o pasado 9 de xaneiro foi remitido á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, porque esta rúa atópase dentro da zona Ari de Rinlo, e precisa polo tanto da súa autorización para poder executar calquera obra. E finalmente Patrimonio, na súa comisión do 27 de xaneiro, informou favorablemente este proxecto, co que agora xa estamos en disposición de licitado. E sendo así no día de hoxe publicamos na Plataforma de Contratos do Sector Público a licitación destas obras, que ascenden a 49.971 euros e que contan cun prazo de execución de 2 meses. A partir deste momento as empresas cualificadas xa teñen acceso a toda a documentación nesta web ou na do propio Concello de Ribadeo e contan cun prazo de presentación de ofertas de 20 días naturais”.
O edil explicou que “este proxecto, que foi redactado polos técnicos municipais, ascende a uns 50.000 euros de inversión como dicía, e contempla a mellora do pavimento que se atopa en mal estado. Vai ser arranxado con aglomerado en quente, vaise actuar tamén na rede de abastecemento e saneamento, humanizarase a zona retirando as árbores que se atopan en mal estado de conservación para posteriormente plantar outras 6 novas. E dotarase a toda zona de bancos e cubrecontenedores, acondicionando unha soleira de formigón desactivado nas beirarrúas que estarán ao mesmo nivel que o aglomerado de capa rodadura, e separadas deste por rigolas prefabricadas”.
Ata Rinlo se achegou Pablo Vizoso acompañado pola concelleira de Obras, Mónica Freire.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 


