Ribadeo, 21 de agosto de 2023. Ribadeo acollerá do 30 de agosto ao 1 de setembro o XII Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos, que organiza Apaga, e ao que acudirán medio cento de participantes procedentes de Madrid, Asturias, Castela-León e Galicia.
O presidente da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia, Álvaro Doural, explicou que “se segue mantendo máis ou menos o mesmo esquema de traballo que en anos anteriores. É dicir, hai unha parte dedicada ás conferencias e outra aos talleres”.
Doural contou que “a inauguración será o 30 de agosto ás 10 da mañá nas nosas instalacións. Esa xornada contaremos coa participación da empresa Enriel e Manuel Lage (doutor enxeñeiro industrial en Madrid e Bilbao), que é unha persoa que traballou en Iveco, en Barreiros… e que agora está xubilado e é un dos nosos novos colaboradores. Lage vai pronunciar unha conferencia sobre a historia do automóbil en España. Xa pola tarde haberá unha serie de talleres como todos os anos. Teremos tamén unha asemblea xeral para proceder á elección da nova xunta directiva e para a presentación das estratexias para os próximos catro anos. Ás 20 horas haberá unha recepción no Concello de Ribadeo para todos os participantes”.
O presidente de Apaga seguiu a contar que “o día 31 participarán as empresas Robert Bosch e Anest Iwata Ibérica. Tamén haberá unha ponencia sobre URO Vehículos Especiais, a única empresa española que realmente constrúe este tipo de vehículos e que está en Santiago de Compostela. É unha firma moi especializada na fabricación de vehículos para o exército. Despois, vai haber tamén unha conexión online con Ángel Gaitán Risco, que é unha persoa que está constantemente nas redes sociais contando situacións de distintos vehículos, avarías… vai falar das redes sociais aplicadas á motivación do alumnado de FP”.
Doural dixo que “máis tarde, como forma de potenciar os nosos recursos naturais e a sostibilidade de toda a zona vai haber unha subida en barca hasta a Ría de Abres de todos os participantes nesta nova edición do noso Fórum”.
E engadiu: “o venres participará a empresa BMW e Álvaro Saucas que falará sobre a tecnoloxía do hidróxeno. Despois, contaremos tamén coa presenza da empresa Estellantis. E pola tarde, a empresa Efibat dedicada aos cargadores de vehículos eléctricos. E pecharase este Fórum cunha serie de presentacións de experiencias, o que nos chamamos Testimonios Erasmus+. Son xente que foi de mobilidades durante este ano. Neste caso serán os profesores que foron a Estonia e os rapaces que foron a Italia”.
Álvaro Dorual subliñou que “contaremos con 50 participantes nesta edición chegados desde Madrid, Asturias, Zamora, León e de toda Galicia”.























Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.



