Burela, 16 de decembro, 2023. Esta tarde ás 18.45h no pavillón municipal Vista Alegre de Burela xogábase a 14ª xornada da Primeira Division Iberdrola FS, Pescados Rubén Burela FS – Rayo Majadahonda AFAR 4 FSF, un encontro no que uns 700 espectadores gardaron un minuto de silencio previo partido e no que as xogadoras habitualmente laranxas, xogaron co seu segundo equipamento, a negra, como mostra de respecto á súa amiga e compañeira de profesión e, de moitas delas, de equipo, Jennifer Santos. O encontro comezou con certos apuros para o conxunto burelense, pero tras o descanso, unha vez máis o Pescados Rubén Burela FS vénse arriba e suma tres puntos con 6 goles nunha segunda parte na que non deixaron levantar cabeza a un rival en postos de descenso que necesitaba puntuar e que fixo o que puido ante un arrasador Pescados Rubén.
No minuto 4 chega o primeiro e último gol da primeira parte, cun disparo de Irene Samper tras unha fermosa triangulación entre Emilly, Patricia e a xogadora maña. Con numerosísimos tiros a porta e numerosísimas paradas de Raquel, unha das xogadoras que máis traballou esta tarde, aínda que o equipo visitante tamén logra xerar varias situacións de perigo que incomodan ao Burela na súa cancha, chega o descanso sen goles.
No segundo tempo comeza o festival co segundo gol do partido e de Irene Samper, que lla coa a Raquel tras un pau de Emilly e un disparo no rexeite de Patricia que tamén detén a incansable porteira do equipo madrileño. Continúa o encontro dominando o Burela, xerando numerosas ocasións e tiros a porta que se reparten nas boísimas paradas de Raquel e os desacertos na puntería das xogadoras do conxunto mariñán, ata o minuto 33 no que chega o 3-0 cun gol de Emilly que aproveita un pase da morte ao segundo pau de Irene Samper. Un minuto despois o 4-0, cun gol en propia meta de Pitxi. Coa tranquilidade que achega o avultado marcador, aínda que tamén un xesto de confianza importante tendo en cuenta o minuto de xogo, sae Ester a defender os paus do seu equipo natal no minuto 35 de xogo. No minuto 37 chega o 5-0 cun gol de Rafinha tras unha asistencia de Patricia. No 38 Dany define ante Raquel e consegue o 6-0 e no 39 Noelia Montoro culmina o 7-0 a portería baleira atacando o Rayo con porteira-xogadora. No minuto 39 Ester mete o 7-1 en propia porta e remata o encontro cun Furacán Laranxa que continúa coroando a táboa clasificatoria sen sufrir unha derrota en toda a tempada ata o parón de Nadal.
A semana que vén preséntase dura pero motivadora, con 3 ou 4 partidos en 4 días nos que as discípulas de Julio Delgado competirán na FutsalWEC, en Vista Alegre, por ser nomeadas as mellores xogadoras de europa desta tempada ante SL Benfica, CF Marlène e Bitonto C5 Femminile. O próximo e último partido de liga da primeira volta desta tempada xogarase o día 7 de xaneiro ante o Viaxes Amarelle na Coruña.
Ficha Técnica Pescados Rubén Burela FS – Rayo Majadahonda AFAR 4 FSF
Pescados Rubén Burela FS (7): Jozi Oliveira; Dany, Cilene, Irene Samper, Emilly -quinteto inicial-, Cami, Antía Pérez, Aroa, Rafinha, Patricia, Noelia Montoro, Ester (P). Entrenador: Julio Delgado.
Rayo Majadahonda AFAR 4 FSF (1): Raquel; María Barcelona, Chili, Paula Llorente, Pitxi -cinco inicial-, M. de Diego, MArisa, Iraia, Peque, Montull (P). Entrenador: Emilio Céspedes
Goles: 1-0, min.4: Irene Samper. 2-0, min.21: Irene Samper. 3-0, min.33: Emilly. 4-0, min.34: Pitxi (PP). 5-0, min.37: Rafinha. 6-0, min.38: Dany. 7-0, min.39: Noelia Montoro. 7-1, min.39: Ester (PP)
Árbitros: Mayra Camila Araujo, José Manuel Carreira Romero, Sergio Piñeiro Rivas, Álvaro Cambeiro Lobato.
TA: Noelia Montoro, Raquel, Marisa.






















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



