Nenas e nenos de entre 5 e 17 anos poderán probar o fútbol sala de forma gratuíta do 4 ao 17 de xuño
Burela, 4 de xuño, 2024. O día 28 de maio abriuse o prazo de inscrición para que nenas e nenos de entre 5 e 17 anos poidan probar as Escolas Deportivas do Burela FS de forma gratuíta do 4 ao 17 xuño. As inscripciónes, así como consulta de horarios e categorías, realízanse a través da plataforma cluber en esta ligazón:
https://app.cluber.es/clubes/18e225bc917ef0c07cc1eaa25747338de7db771f/pagos/641831832bfbf671833464
Estas Xoranadas de Portas Abertas están pensadas para que as nenas e nenos que sexan ou se atopen estes días na comarca da Mariña, poidan probar o deporte do fútbol sala e valorar se lles interesa continuar practicándoo nas nosas escolas, cos mellores profesionais. Poderán apuntarse segundo a categoría á que pertenzan, por idade e xénero. As Escolas Deportivas Cabreiroá Burela FS contan con todas as categorías de ambos os xéneros e mixta para os máis pequenos:
Haberá Categoría Mixta para os Biberóns, nenos e nenas nados/as en 2017 ou 2018, que poderán probar os luns de 16.30h a 17.30h en Vista Alegre ou martes de 19.30 a 20.30 en Os Castros, e Prebenxamíns, nacidos en 2016 ou 2017, con sesións os martes de 17.30h a 18.30h en Vista Alegre e xoves de 17.30h a 18.30h en Os Castros.
Na Categoría Masculina poderán apuntarse na categoría Benxamín, nenos nados en 2014 ou 2015, os luns de 19.30h a 20.30h no Pavillón Monte Castelo e venres de 17.00h a 19.00h no Pavillón Vista Alegre. Na Alevín, nenos nados en 2012 ou 2013, terán sesión de futsal os luns de 20.30h a 21.30h e xoves de 18.30 horas a 19.30 horas no Pavillón Monte Castelo. Na categoría Infantil, nacidos en 2010 ou 2011, serán os luns de 20.00h a 21.00h en Os Castros, martes de 20.30h a 21.45h no Pavillón Vista Alegre e xoves de 20.00h a 21.30h en Os Castros. Na categoría Cadete, nacidos en 2008 e 2009, será mércores de 20.00h a 21.15h en Vista Alegre e os venres de 19.00h a 20.30h no Pavillón Mónte Castelo. Os Xuvenís, nacidos entre 2005-2007, só menores de idade, poderán probar os mércores de 21.15h a 22.45h e venres de 19.00h a 20.30h en Vista Alegre.
Na Categoría Feminina haberá un grupo de Benjamines e Alevíns, nacidas entre 2012 e 2015, que terá sesión os luns de 17.30h a 18.30h no Pavillón Vista Alegre e xoves de 19.30h a 20.30 horas no Pavillón Monte Castelo. As mozas de caegoría Infantil, nacidas en 2010 e 2011, poderán probar luns de 18.30h a 19.30h en Vista Alegre e xoves de 20.30h a 21.45h no Pavillón Monte Castelo.Cadetes e Xuvenís (nadas entre 2005 e 2009, incluídos) teñen sesións os luns de 21.00h a 22.30h en Os Castros, xoves de 17.30h a 18.45h en Vista Alegre e venres de 17.30h a 19.00h no Pavillón Monte Castelo.
Organizado polo Club Deportivo Burela Fútbol Sala, esperamos gran interese por parte de nenas e nenos que queiran experimentar e divertirse cun dos deportes máis practicados e en auxe da comarca, contando con adestradores e colaboradores moi experimentados cos que aprenderán tanto as técnicas e estratexias máis básicas do propio deporte como os valores morais e didácticos intrínsecos no mesmo. Cada ano recibimos máis nenas e nenos nas nosas Escolas e queremos continuar medrando ao mesmo ritmo durante este próximo ano, en todas as categorías.





















O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.
Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.



