Burela, 15 de maio de 2026. O Concello de Burela celebrará o Día das Letras Galegas cunha programación cultural que inclúe literatura, tradición, música, maxia, teatro e actividades participativas para todos os públicos, co obxectivo de poñer en valor a lingua galega e achegar a cultura á veciñanza dun xeito atractivo e diverso.
Unha das iniciativas destacadas será a intervención artística nalgúns pasos de peóns da vila, na que a Aula Medioambiental Gaia, persoal municipal da área de Obras e diferentes colectivos locais, coa colaboración da Biblioteca Pública Municipal, pintarán versos de autoras e autores homenaxeados ao longo da historia do Día das Letras Galegas.
Segundo explicou a concelleira de Cultura, Lina Gómez, “esta acción é unha maneira moi bonita de facer visible a nosa literatura no día a día. Cada vez que alguén cruce por eses pasos poderá atoparse cun verso e lembrar que a nosa lingua e a nosa cultura están presentes na vida cotiá”.
A programación continuará o venres 15 de maio coa representación de Repunantas. As punkis da literatura galega: de María Balteira a Begoña Caamaño, un espectáculo incluído no programa Falaredes que percorre a historia de destacadas autoras da literatura galega a través de textos e cancións en directo.
O sábado 16 de maio celebrarase o XVI Encontro de Palilleiras de Burela. A concelleira sinalou que se trata “dunha cita consolidada que cada ano reúne centos de participantes e visitantes, converténdose nun referente da tradición artesá e da convivencia”.
Ese mesmo día, ás 20.00 horas, a Casa da Cultura acollerá o Concerto Especial das Letras Galegas da Coral Polifónica de Burela, coa participación do Coro Fingoi e da Rondalla de Cariño.
O domingo, a praza do Concello recibirá ao Mago Antón e o seu Magomóbil, que ofrecerá funcións ás 13.00, 17.00, 18.30, 20.00 e 21.30 horas. Unha actividade patrocinada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Pecha a programación a presentación do libro Bóreas, do escritor mariñao Paco Rivas, nun acto no que participará Bernardo Penabade, que terá lugar o martes 19 de maio, ás 19.30 horas na Casa da Cultura.
Lina Gómez subliñou que “esta programación combina tradición, literatura, música e espectáculos para demostrar que o galego é unha lingua viva, creativa e plenamente actual”. A edil destaca que “o obxectivo é que a celebración das Letras Galegas chegue a toda a veciñanza e se converta nun espazo compartido de encontro coa nosa cultura” e animou a toda a veciñanza a participar.
Gañadores e gañadoras do Certame de Narración e Debuxo Infantil “Medrar lendo”
No marco da celebración do Día das Letras Galegas, a Delegación de Cultura, a través da Biblioteca Pública Municipal, organizou a fase local do Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2026, baixo o lema “Medrar lendo”. Os traballos premiados, elixidos por un xurado, representarán a Burela na fase provincial convocada pola Biblioteca Nodal de Lugo.
Na modalidade de narración, na categoría A, o primeiro premio foi para Naia Fontenla Suárez e o segundo para David Otero Casas, ambos do CEIP Vista Alegre. Na categoría B, foron premiadas Érika Arenas Fernández, Sabela Braña Morán e Malak Amajoud Ait Ouazgour, tamén alumnado do CEIP Vista Alegre. Na categoría C, os galardóns foron para Efrén Maragoto Díaz, do IES Monte Castelo, e para Izan Jarel Roncero e Adrián Balseiro Otero, do CEIP Vista Alegre.
Na modalidade de debuxo infantil, na categoría A foron premiadas Naia Fontenla Suárez, Erea Fontenla Suárez e Luz Gonçalves Santoré, alumnas do CEIP Vista Alegre e do CEIP Os Castros. Na categoría B, os premios foron para Sara López Pena, Elisa Deán Dorregidor e Nuria García Hermida. Na categoría C, as gañadoras foron Leire Mate Ares, do IES Monte Castelo, e Lea Fraga Pérez e Suhaila Montoya Suárez, do CEIP Os Castros.
Dende a Delegación Municipal de Cultura e a Biblioteca Pública Municipal agradeceron a participación de todos os nenos e nenas no certame e trasladan os seus parabéns a todas as persoas participantes.










O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.


