A alcaldesa, Dolores García Caramés, tamén quixo sumarse á actividade, acompañada polo concelleiro Alfredo Fernández, para coñecer de primeira man o desenvolvemento desta proposta impulsada polo Concello
Cervo, 4 de agosto, 2026. O Concello de Cervo fai un balance moi positivo das viaxes en barco aos Farillóns organizadas con motivo da Festa da Maruxaina, unha iniciativa que está a rexistrar unha excelente acollida e que está a esgotar as prazas dispoñibles en cada unha das travesías.
Esta mañá foron as crianzas do programa municipal Cervo Concilia as protagonistas da xornada, desfrutando dunha experiencia educativa e de lecer na que puideron descubrir a riqueza natural e paisaxística dos Farillóns, coñecer curiosidades sobre este emblemático enclave e afondar na súa relación coa lenda da Maruxaina.
O percorrido estivo guiado polo fotógrafo e biólogo Anxo Cao, encargado de conducir as viaxes, achegando aos participantes explicacións sobre a biodiversidade mariña, a historia do lugar e o patrimonio natural que rodea a costa cervense.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, tamén quixo participar na actividade, acompañada polo concelleiro Alfredo Fernández, para compartir esta experiencia cos asistentes e comprobar o éxito dunha proposta que se consolida como un atractivo máis da programación da Maruxaina.
Caramés destacou que “estas viaxes permiten descubrir un dos espazos máis singulares da nosa costa desde unha perspectiva diferente, combinando natureza, divulgación e tradición. É unha actividade que encaixa perfectamente coa esencia da Maruxaina e que está a ter unha resposta magnífica por parte da veciñanza e dos visitantes”.
A rexedora subliñou ademais que “para nós era importante que as crianzas de Cervo Concilia tamén puidesen vivir esta experiencia, coñecer mellor o noso patrimonio natural e sentirse parte dunha tradición tan especial como é a Festa da Maruxaina. Queremos seguir promovendo actividades que poñan en valor a nosa identidade e o enorme potencial turístico e ambiental do noso litoral”.










O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



