A Mariña, 4 de agosto, 2026. O Festival Bal y Gay levanta este mércores, 5 de agosto, o pano da súa 13ª edición cunha das formacións máis prestixiosas da música antiga internacional. Vox Luminis, referencia mundial na interpretación historicista, abrirá o festival ás 21:00 horas na Catedral de Mondoñedo co cartel de entradas esgotadas. A súa presenza sintetiza a dimensión dunha edición que se presenta como a máis internacional da historia do festival e que reunirá, até o 21 de agosto, grandes nomes da música clásica en espazos emblemáticos da Mariña e Lugo.
Vox Luminis será o primeiro dos 14 concertos programados este ano, unha programación que supón un novo paso adiante na traxectoria do festival. O cartel amplía tanto o número de concertos como as sedes e a duración do evento para percorrer desde o gran repertorio barroco até a música contemporánea, pasando polo romanticismo, a ópera e a zarzuela. O obxectivo é superar os 4.000 espectadores e seguir medrando non só en cifras, senón tamén en impacto cultural e emocional.
UNHA DAS FORMACIÓNS MÁIS PRESTIXIOSAS DA MÚSICA ANTIGA INTERNACIONAL
Vox Luminis, fundado en 2004 e dirixido polo baixo Lionel Meunier, consolidouse internacionalmente polo seu timbre distintivo e pola interpretación especializada na música inglesa, italiana e alemá dos séculos XVI a comezos do XVIII. O conxunto ofrece arredor de 70 concertos ao ano e conta cunha extensa traxectoria discográfica, ademais de ter recibido en dúas ocasións o prestixioso premio Gramophone: en 2012 por Musikalische Exequien de Schütz e en 2019 por Abendmusiken de Buxtehude. A estes recoñecementos súmanse o premio Klara ao Ensemble do Ano en 2018, o BBC Music Magazine Choral Award 2018, tres Diapasons d’Or e varios galardóns da crítica discográfica alemá Preis der Deutschen Schallplattenkritik.
A súa traxectoria inclúe actuacións nalgunhas das grandes salas e festivais internacionais, desde o Wigmore Hall de Londres e a Elbphilharmonie de Hamburgo até o Lincoln Center de Nova York, o Festival Oude Muziek Utrecht, o Bachfest Leipzig ou o Salzburger Festspiele. A formación, que celebrou o seu vixésimo aniversario en 2024, mantén ademais unha colaboración sólida e duradeira coa Freiburger Barockorchester e o Freiburger BarockConsort, e é residente no Concertgebouw de Brujas e na Abbaye Musicale de Malonne.
ALBA RODRÍGUEZ: “ABRIR ESTA 13ª EDICIÓN CON VOX LUMINIS ES TODO UN PRIVILEGIO”
A súa chegada ao Festival Bal y Gay supón, por tanto, un acontecemento de especial relevancia para un proxecto que fixo da excelencia artística e da relación entre música e territorio dúas das súas principais sinais de identidade. “Abrir esta edición con Vox Luminis es una enorme responsabilidad y, al mismo tiempo, un privilegio. Estamos hablando de una formación de referencia internacional, con una trayectoria extraordinaria, que llega a Mondoñedo para inaugurar nuestra edición más internacional. Y hacerlo en la Catedral de Mondoñedo tiene un significado especial: es exactamente la clase de encuentro entre excelencia artística, patrimonio y territorio que define a nuestro festival”, afirma a directora Alba Rodríguez.
“Queremos que cada concierto sea mucho más que una actuación musical. Queremos que el público viva una experiencia y descubra nuestros espacios, nuestros pueblos y nuestro patrimonio a través de la música. Por eso, tener a Vox Luminis en un lugar tan especial como la Catedral de Mondoñedo representa perfectamente lo que queremos ofrecer. Es una muestra de cómo el festival acerca artistas de primer nivel internacional a escenarios que tienen una personalidad y una belleza únicas”, engade Rodríguez sobre o espírito do evento.










O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



