A Mariña, 11 de agosto, 2026. Nunha pequena praia de San Pedro de Benquerencia, en Barreiros, tiveron que ser rescatadas tres persoas e un can tras quedar illadas pola suba da marea. Por fortuna, a rápida acción dos socorristas do areal permitiu o rescate sen contratempos de todas as persoas e o animal. Ocorreu preto das dúas da tarde deste luns.
En Foz, na Praia da Rapadoira, os socorristas sacaron unha persoa inconsciente da auga. Para atendela, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaron a presenza dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que se ocuparon do traslado.
Por último, en Viveiro, mentres realizaban unha ruta de sendeirismo polo Poza da Ferida, un pai e seu fillo menor caeron por un desnivel de apenas uns dous metros de profundidade. Recibiron algúns golpes e sufriron algunha rabuñada. Nada de importancia, aínda que, por precaución, foron trasladados ao centro hospitalario de referencia. Ocorreu sobre as 16:30 horas desta tarde e foron integrantes do mesmo grupo que estaba a realizar a ruta quen alertaron do sucedido a través do 112 Galicia.





















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.



