Cervo, 1 de setembro, 2026. A Escola Infantil Municipal de Cervo celebrou este luns o seu tradicional acto de clausura de curso, unha xornada especialmente emotiva na que os nenos e nenas foron os grandes protagonistas. Entre eles, destacaron os 19 pequenos e pequenas que se despediron desta etapa para iniciar no vindeiro curso a súa nova aventura no cole dos maiores, celebrando a súa graduación.
A celebración comezou no salón de actos, onde toda a rapazada puido gozar da actuación de Pakolas, unha proposta pensada para o público infantil que encheu a mañá de música, diversión e ilusión. As familias acompañaron aos pequenos neste día tan especial, compartindo un momento que marca o peche dunha etapa fundamental.
A continuación tivo lugar o acto de clausura, no que os nenos e nenas recibiron un medallón e un agasallo. Despois celebrouse o acto central de graduación, no que os 19 futuros escolares do colexio recibiron o seu merecido recoñecemento nunha despedida chea de emoción, compartida coa comunidade educativa e coas súas familias, con birrete e orla incluída.
A xornada rematou cunha merendola que permitiu prolongar a celebración e compartir un último momento de convivencia antes do novo camiño que iniciarán os pequenos graduados.
No acto estiveron presentes a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, e a concelleira Pilar Armada, que quixeron acompañar aos nenos e nenas neste día tan significativo.
A alcaldesa destacou que “é un día de moita emoción, porque vemos medrar aos nosos pequenos e pequenas e comprobamos como aqueles nenos e nenas que chegaron á escola sendo moi pequeniños están agora preparados para dar un paso máis”.
Tamén felicitou “de corazón aos 19 nenos e nenas que este ano se ‘gradúan’” e desexoulles toda a felicidade nesta nova etapa. “Estamos seguras de que lles agardan moitas aprendizaxes, novas amizades e momentos inesquecibles no colexio”, engadiu.
A rexedora puxo en valor o traballo do equipo da Escola Infantil Municipal: “Quero agradecer profundamente o labor de todos/as os/as docentes e profesionais da escola polo seu compromiso, cariño e dedicación diaria, así como ás familias pola súa confianza e implicación. Entre todos e todas facemos posible que os nosos nenos e nenas medren nun ambiente de afecto, seguridade e aprendizaxe”.
Desde o Concello de Cervo fan extensiva a felicitación a todo o alumnado da Escola Infantil Municipal, especialmente aos 19 que se despediron desta etapa. “Hoxe dicímoslles ata logo, porque esta sempre será unha parte importante da súa historia. Que medren felices, que sigan aprendendo e, sobre todo, que nunca perdan esas ganas de descubrir o mundo que teñen agora”, concluíu a alcaldesa.








Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.