O Concello de Vilalba presentou o proxecto aos VII Premios á Excelencia do Turismo e a Gastronomía da provincia, recoñecendo o traballo da entidade santaballesa na posta en valor do patrimonio, a memoria e os recursos turísticos da parroquia
Vilalba, 29 de setembro de 2026. O Concello de Vilalba celebra o recoñecemento outorgado á Liga Santaballesa nos VII Premios á Excelencia do Turismo e a Gastronomía da Provincia de Lugo, nos que o proxecto Santaballa, Territorio de Memoria e Sostibilidade foi distinguido co Premio ao Turismo Sostible.
A alcaldesa, Marta Rouco, participou no acto de entrega acompañada pola concelleira de Turismo, María Xosé Fernández, e polo presidente da Liga Santaballesa, Isidro Cillero. O proxecto foi presentado polo Concello a través da Oficina de Turismo, en colaboración coa entidade parroquial, e pon en valor os recursos patrimoniais, culturais e naturais de Santaballa mediante a combinación da Ruta Arqueolóxica e a Feira Indiana.
Recoñecemento ao traballo da Liga Santaballesa
O Concello destaca que o premio recoñece especialmente o labor da Liga Santaballesa, que leva anos contribuíndo á conservación e difusión da memoria e do patrimonio da parroquia, converténdoos nun motor de dinamización cultural e turística.
A alcaldesa subliñou que “este premio é, sobre todo, un recoñecemento á Liga Santaballesa e ás persoas que están detrás deste proxecto, porque son elas as que levan anos mantendo viva esta memoria e facendo posible que Santaballa teña hoxe unha proposta turística propia”. Engadiu que o Concello ten “a responsabilidade de acompañar, apoiar e dar visibilidade a ese traballo”.
Un proxecto construído desde o territorio
Rouco destacou a importancia da colaboración entre o Concello e as entidades locais para facer que os recursos do territorio formen parte dunha oferta turística vinculada á identidade de Vilalba.
A Ruta Arqueolóxica de Santaballa, cun percorrido de 14,94 quilómetros, conecta elementos patrimoniais como a Escola Habanera, o Xardín Botánico, o asentamento castrexo, o xacemento paleolítico de Pena Grande, o menhir de Pena Chantada e a Medoña de Estelo.
A proposta complétase coa Feira Indiana, que este ano celebrou a súa XVI edición e recupera a memoria da emigración a América —especialmente a Cuba— mediante ambientación histórica, música, oficios, artesanía e a participación activa da veciñanza.
O Concello felicita á Liga Santaballesa por este recoñecemento, así como ás persoas e colectivos que ao longo dos anos contribuíron a facer de Santaballa un referente na conservación da memoria e na posta en valor do patrimonio local.


























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.



